22/11/13

PROXECTO "A NOSA MASCOTA"

DURANTE ESTAS SEMANAS ESTIVEMOS TRABALLANDO MOITO SOBRE O NOSO PROXECTO DA MASCOTA:
CONTAMOS TODO O QUE SABIAMOS DAS FOTOS DAS NOSAS  MASCOTAS QUE TROUXEMOS DA CASA,
 INVESTIGAMOS SOBRE AS CARACTERÍSTICAS DE ALGÚNS ANIMAIS.
TAMÉN ESTIVEMOS, PENSANDO E PENSANDO EN COMO ÍA SER A NOSA MASCOTA DA CLASE, PERO ISTO LEVOUNOS MOITOS DÍAS:
OPINAMOS, DIALOGAMOS, DISCUTIMOS, ESCOITAMOS, VOTAMOS...
ASÍ DESPOIS DE DICIR UNHA CHOIVA DE IDEAS, DECIDIMOS CON QUE MATERIAIS A ÍAMOS CONSTRUÍR, QUE PARTES DO CORPO TERÍA, SERÍA GRANDE/PEQUENA, ALTA/BAIXA, COMO SERÍA E QUE FORMA TERÍA O SEU CORPO, A SÚA CABEZA, AS SÚAS ORELLAS, O NARIZ, A BOCA... SI TERÍA PATAS OU BRAZOS E PERNAS, CON QUE A ENCHERÍAMOS POR DENTRO...
XA TEMOS CASE TODAS AS PARTES, PERO QUÉDANOS UNILAS E DECIDIR QUE COR TERÁ PARA PODER PINTALA DESPOIS.
XA VOS CONTAREMOS COMO QUEDOU!

No hay comentarios:

Publicar un comentario