20/1/14

PROXECTO " A MASCOTA"

AO LONGO DO 1º TRIMESTRE OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS ESTIVEMOS INVESTIGANDO SOBRE AS MASCOTAS. QUE ERAN? QUE COMÍAN? COMO COIDALAS? TIPOS DE MASCOTAS,...ATA QUE CHEGAMOS A DECISIÓN DE QUERER TER UNHA MASCOTA PARA AS NOSAS AULAS COMO O RESTO DAS CLASES DO COLE. ASÍ QUE PUXÉMONOS MANS A OBRA, E TIVEMOS QUE DECIDIR E CONSENSUAR MOITAS COUSAS, CON VOTACIÓNS, ASAMBLEAS,...PARA DECIDIR COMO O FACÍAMOS: ¿QUE QUERÍAMOS DE MASCOTA? ¿COMO CONSTRUÍLA? ¿DE QUE COR? ¿CON QUE MATERIAL? ¿CANTAS PATAS?....ATA FINALMENTE POÑERLLE NOME!

A MASCOTA DE 3 ANOS A  CHÁMASE QUQUI E TEN TENTÁCULOS DE POLBO, CABEZA DE TARTARUGA, LINGUA DE SERPE, CORPO DE ABELLA,  AS DE MORCEGO, RABO DE PORCO E PATAS DE ANIMAIS DA SELVA (CEBRA E LEOPARDO)

A MASCOTA DE 3 ANOS B CHÁMASE TISA E TEN A CABEZA EN FORMA ESFÉRICA COMO UNHA PELOTA, É DE COR ROSA COMO OS  PORCOS,  AS ORELLAS DE VACA, O NARIZ DE ELEFANTE, O CORPO É  GRANDE E COA FORMA DE UN COXÍN E TEN CATRO PATAS CADA UNHA DELAS DUN ANIMAL DIFERENTE ( TIGRE, CABALO, CAN E CEBRA). TAMÉN TEN MOITO PELO PARA PODER FACERLLE COLETAS.

AGORA DEIXÁMOSVOS ALGUNHAS FOTOS PARA QUE VEXADES COMO AS FIXEMOS:

TARDAMOS EN POR AS FOTOS PORQUE TIVEMOS UN PEQUENO PROBLEMA CON ELAS.

XA ESTAMOS A EMPEZAR  OUTRO PROXECTO NOVO, EN BREVE CONTAMOSVOS CAL É...

1 comentario:

  1. Anónimo2/02/2014

    Hola Nuria: ¿No habría manera de poder bajar las fotitos...?
    Un saludo
    Enrique, abuelo de Mateo D.L.

    ResponderEliminar