O VENRES EMPEZAMOS UN NOVO PROXECTO SOBRE AS CORES E A PINTURA. LEVÁMONOS UNHA SORPRESA CANDO ESTABAMOS NA FILA, PORQUE AS PROFES VIÑERON A BUSCARNOS DISFRAZADAS DE PINTORAS. NA ASEMBLEA FALAMOS MOITO, PERO TEMOS MOITAS DÚBIDAS E TAMÉN HAI MOITAS COUSAS QUE NON SABEMOS DOS CADROS E DOS PINTORES. ASÍ QUE IMOS TER QUE INVESTIGAR MOITO.
A PROFE CONTOUNOS UN CONTO QUE SE TITULA "O CADRO MÁIS BONITO DO MUNDO". DESPOIS TODOS NÓS, CONVERTEMOSNOS EN PINTORES E PINTORAS E PINTAMOS POR EQUIPOS, OS CADROS MÁIS BONITOS DO MUNDO!
ASÍ QUEDARON OS NOSOS CADROS. SOMOS UNS ARTISTAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario