O MÉRCORES PASADO, CANDO
CHEGAMOS AO COLE, ENCONTRÁMONOS CUNHAS
GRANDES PEGADAS MARRÓNS. EMPEZAMOS A DICIR MOITAS COUSAS E FACER DIFERENTES PREGUNTAS E HIPÓTESES: DE ONDE VIÑAN, ONDE ÍAN, QUE TIPO DE DINOSAURO SERÍA. SEGUÍMOLAS E
VIMOS QUE ÍAN CARA Á BIBLIOTECA E ALÍ SE PARABAN E NON SEGUÍAN. COMPROBAMOS QUE
ENRIBA DAS MESAS HABÍA MOITOS LIBROS, ALGÚNS DE DINOSAUROS. EMPEZAMOS A ELIXIR
OS QUE ERAN DE DINOSAUROS E A VER SE TIÑAN PEGADAS PARA PODER SABER QUE
DINOSAURO ESTIVERA NO COLE, LEVÁMONOLOS A CLASE PARA PODER INVESTIGAR
MÁIS. TAMÉN MEDIMOS AS PEGADAS CO "PALMÓMETRO"
(ANCHO, LONGO). EN CLASE QUIXEMOS FACER UNHA PEGADA IGUAL QUE AS QUE ESTABAN NO
CORREDOR E TAMÉN A NOSA PEGADA E VIMOS A DIFERENZA ENTRE UNHA E OUTRA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario