ESTE PRIMEIRO TRIMESTRE ESTAMOS A TRABALLAR O PROXECTO "OS ANIMAIS QUE VIVEN NA AUGA?. A SEMANA PASADA FOMOS DICINDO TODO O QUE SABIAMOS DESTES ANIMAIS. TODOS E TODAS INTERVIMOS E TIVEMOS DIFERENTES OPINIÓNS E TAMÉN MOITÍSIMAS DÚBIDAS.
UN DÍA UN AMIGO DA CLASE DE 5 ANOS B. ESCRIBIUNOS UNHA MENSAXE AO BLOG, PARA PREGUNTARNOS SE PODÍA TRAER AO COLE O SEU PEIXE. ENCANTOUNOS A IDEA E CONTESTÁMOSLLE QUE SI.
EMPEZAMOS A FALAR DOS PEIXES, AS PROFES PREGUNTÁRONNOS SE CRIAMOS QUE TODOS OS ANIMAIS QUE VIVEN NA AIGA SON PEIXES. ASI PRODUCIUSE UN GRAN DEBATE ENTRE NÓS, PORQUE UNS E UNHAS PENSABAMOS QUE TODOS ERAN PEIXES E OUTROS E OUTRAS DICIAMOS QUE NON.
CO CAL EMPEZAMOS A FALAR QUE SABIAMOS DOS PEIXES E DESPOIS QUE COUSAS QUERIAMOS APRENDER SOBRE ELES.
MIRADE AS FOTOS CO PEIXE, QUE SE CHAMA MATE:
No hay comentarios:
Publicar un comentario