ESTES DÍAS ESTAMOS A TRABALLAR SOBRE O QUE NOS DICÍA A MASCOTA NA CARTA. PARA TRABALLAR SOBRE A PAZ ENTRE OS PAISES, PARTIMOS DUN CONTO: "A BRUXA DISCORDÍA"
ASÍ INICIAMOS UN NOVO PROXECTO DE TRABALLO : CHINA, QUE NOS SERVIRÁ ADEMÁIS PARA O NOSO DISFRAZ DE ENTROIDO.
ESTAMOS A DIALOGAR SOBRE O QUE PENSAMOS QUE SABEMOS DE CHINA E QUE COUSAS NOS GUSTARÍA APRENDER. UNHA DAS PRIMEIRAS DÚBIDAS QUE TEMOS É, SE CHINA É: UN PAIS, UN CONTINENTE, UNHA PROVINCIA, UNHA CIDADE, UN POBO, UNHA COMUNIDADE AUTÓNOMA... CÚSTANOS UN POUQUIÑO ENTENDER TODOS ESTES CONCEPTOS TAN ABSTRACTOS PARA NÓS, PERO ESTAMOS A INVESTIGAR MOITO SOBRE ISO. PARA ENTENDELOS O MÁIS FÁCIL É PARTIR DO QUE TEMOS PRETO DE NÓS: PONTEVEDRA, GALICIA, ESPAÑA...
COMO NOS IMOS A DISFRAZAR DE CHINESES E CHINESAS, TEMOS QUE BUSCAR INFORMACIÓN DE COMO SE CHAMA E COMO É O TRAXE TÍPICO DE CHINA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario