20/12/14

APOLO 11 NA LÚA E ROSETA EN MARTE.

EN 4 ANOS B, DECIDIMOS FACER UN FOGUETE XIGANTE PARA A CLASE PARA PODER METERNOS DENTRO, FIXÉMOLO CUNHA CAIXA DE CARTÓN. PUXÉMOSLLE O NOME DE APOLO 11 PARA PODER IR Á LÚA. ASÍ QUE TAMÉN FIXEMOS A LÚA NO RECANTO DE XOGO SIMBÓLICO. DRAMATIZAMOS A VIAXE Á LÚA E UN AMIGO DEIXO A PEGADA NELA COMO NEIL ARMSTRONG. ESTE RECUNCHO CONVERTEUSE NO RECUNCHO DA NASA E A ESA E AQUÍ XOGAMOS A QUE IMOS AO ESPAZO.

 EN 4 ANOS A, DECIDIMOS FACER UN FOGUETE XIGANTE TAMÉN, PERO CHAMÁMOSLLE ROSETA E MANDÁMOLO A MARTE. ASI QUE NA CLASE FIXEMOS O PLANETA MATE, PARA PODER XOGAR.

No hay comentarios:

Publicar un comentario