AS PROFES PREGUNTARONNOS, QUE ACTIVIDADES QUERIAMOS FACER PARA
DESENVOLVER O PROXECTO. FOMOS DICINDO VARIAS E ENTRE ELAS, DIXEMOS QUE NOS GUSTARÍA
QUE AS NOSAS CLASES E O PASILLO SE CONVERTESEN NO ESPAZO. DEMOS DIFERENTES PROPOSTAS DE COMO O IAMOS
FACER: POÑER O TEITO NEGRO, FACER OS PLANETAS EN GRANDE E COLGALOS DO TEITO,
FACER NAVES ESPACIAIS, FOGUETES ETC.
FIXEMOS O SISTEMA SOLAR XIGANTE . ALGUNHAS AMIGAS
E ALGÚNS AMIGOS DICÍAN QUE OS
PODIAMOS CONSTRUÍR DE CARTÓN, PERO DECATÁMOSNOS QUE ASÍ, QUEDÁBANSE PLANOS
E QUERIAMOS QUE TIVESEN VOLUME COMO UNHA ESFERA, EMPEZAMOS A PENSAR, PERO
NON SE NOS OCORRÍA NADA. ENTÓN A PROFE SUXERIUNOS CONSTRUÍLOS CON GLOBOS E
FORRALOS DE PAPEL. EMBADURNÁMOLOS CON COLA BRANCA MESTURADA CON AUGA E
FOMOS PEGANDO ENCIMA DO GLOBO ATA QUE ESTE QUEDOU FORRADO. TIVEMOS QUE POÑER VARIAS CAPAS DE PAPEL
PARA QUE QUEDASE UNHA CAPA RÍXIDA CANDO A COLA SE SECASE. DESPOIS
PINTÁMOLOS DA COR DOS PLANETAS E PUXÉMOSLLES BRILLANTES.
TAMÉN FIXEMOS ESTRELAS SOBRE
PAPEL NEGRO, PARA DESPOIS COLOCALAS NO TEITO DA CLASE E COLGAR OS PLANETAS
DEBAIXO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario