A SEMANA PASADA E ESTA ESTAMOS TRABALLANDO AO REDOR DOS LIBROS: TIPOS DE LIBROS, COMO COIDALOS, COMO REPARALOS, ONDE E COMO COLOCALOS... TAMÉN CONTAMOS ALGUNHAS DAS AVENTURAS DE DON QUIXOTE DA MANCHA, E SOBRE A VIDA DE MIGUEL DE CERVANTES.
PERO A ACTIVIDADE QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI TRAER AS NOSAS MALETAS, BOLSAS, CARPETAS OU CAIXAS DECORADAS A CLASE COS NOSOS LIBROS PREFERIDOS DENTRO.
CONTAMOS AOS AMIGOS E ÁS AMIGAS PORQUE ESCOLLEMOS ESE LIBRO E DESPOIS LLO FOMOS CONTANDO.
TAMÉN FIXEMOS UNHA PRESENTACIÓN DE POWER POINT COA AXUDA DA PROFE, ONDE NÓS ESCRIBIAMOS "AO NOSO XEITO": O NOSO NOME, O TÍTULO E PORQUE NOS GUSTABA E DESPOIS A PROFE CORRIXÍANOS. AO FINAL VIMOS COMO QUEDOU A NOSA PRESENTACIÓN COAS ANIMACIÓNS QUE LLE METEMOS.
ALGUNHAS FOTIÑOS, DE COMO FOMOS
DESENVOLVENDO AS ACTIVIDADES:
VELAQUÍ AS PRESENTACIÓNS
No hay comentarios:
Publicar un comentario