6/4/15

SOMOS PALEONTÓLOGOS

ESTIVEMOS A BUSCAR INFORMACIÓN DE DIFERENTES MUSEOS QUE TIÑAN DINOSAUROS.  ENTRAMOS NO MUSEO XURÁSICO DE ASTURIAS (MUJA)E VIMOS VARIOS VÍDEOS,  DE COMO É POR DENTRO E POR FÓRA.
UN DÍA CHEGOUNOS A CLASE UNHA CARTA, DUN PALEONTÓLOGO DO MUSEO MUJA, QUE NOS EXPLICABA: AS FERRAMENTAS E TODO O PROCESO QUE USAN NA BUSCA DE FÓSILES DE DINOSAUROS. TAMÉN NOS DICÍA QUE NOS PREPARARA UN XOGO PARA BUSCAR ÓSOS NO PATIO.

PREPARÁMONOS PARA SAÍR AO PATIO A BUSCAR OS ÓSOS QUE NOS DICÍA O PALEONTÓLOGO,  CON: FERRAMENTAS, PINCEIS, PAPEL PARA ENVOLVER OS ÓSOS E BOLSAS PARA METELOS. BUSCAMOS O XACEMENTO, E MANS Á OBRA A ESCAVAR DEVAGAR PARA NON OS ROMPER. LIMPÁMOLOS COS PINCEIS,  ENVOLVÉMOLOS EN PAPEL CADA UN POR SEPARADO E METÉMOLOS EN BOLSAS. CANDO CHEGAMOS Á CLASE,  A CADA BOLSA PUXÉMOSLLE UNHA ETIQUETA CON: O LUGAR ONDE OS ENCONTRAMOS, DATA E OS NOMES DOS PALEONTÓLOGOS.
DESPOIS POR EQUIPOS PUXÉMONOS A CONSTRUÍR OS ESQUELETOS COS ÓSOS ENCONTRADOS E CON PLASTILINA,  PARA EXPOÑER NO NOSO MUSEO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario