30/3/16

NOVO PROXECTO "EXIPTO"

HOXE ELIXIMOS O PROXECTO QUE IMOS TRABALLAR  ESTE TRIMESTRE. ANTES DE VACACIÓNS AS PROFES PREGUNTÁRONNOS QUE NOS GUSTARÍA INVESTIGAR, CADA CLASE DIXEMOS VARIOS TEMAS E DESTES CADA GRUPO ESCOLLEU O MÁIS VOTADO. A 5 ANOS A. GUSTÁBALLE MOITO EXIPTO, PERO A 5 ANOS B. O QUE MÁIS LLE INTERESABA É INVESTIGAR SOBRE OS DEPORTES. COMO TEMOS QUE TRABALLAR O MESMO TEMA AS DÚAS CLASES,  A MELLOR SOLUCIÓN É VOTAR ENTRE OS DOUS GRUPOS, A VER CAL SAE MÁIS VOTADO.
HOXE XUNTÁMONOS AS DÚAS CLASES PARA A VOTACIÓN. TEMOS: UNHA URNA, UN PRESIDENTE E TRES VOCAIS. NUN PAPEL ESCRIBIMOS DE FORMA SECRETA O TEMA ELIXIDO, DESPOIS POR ORDE DE LISTA OS VOCAIS ÍAN CHAMANDO A VOTAR E O PRESIDENTE DICÍA: "VOTOU".  AO FINAL CONTAMOS OS VOTOS, O TEMA ELIXIDO POR MAIORÍA FOI "EXIPTO" .
 ESTABAMOS MOI ATENTOS E MOI NERVIOSOS PARA VER OS RESULTADOS!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario