AS PROFES PROPUXÉRONOS FACER UN ANIMAL FANTÁSTICO. DIVIDIMOS UN FOLIO EN TRES PARTES: NUNHA DEBUXAMOS A CABEZA DUN ANIMAL, NOUTRA PARTE O CORPO DOUTRO ANIMAL, E NA TERCEIRA PARTE AS PATAS DOUTRO ANIMAL DIFERENTE. CADA UN DE NÓS FAI O SEU UNINDO AS TRES PARTES.
PARA BUSCAR O NOME, COLLEMOS A PRIMEIRA SÍLABA DO NOME DE CADA UN DOS TRES ANIMAIS QUE FORMAN O ANIMAL FANTÁSTICO.
A CONTINUACIÓN EN EQUIPOS DECIDIMOS COMO NOS GUSTARÍAS QUE FOSE O ANIMAL IMAXINARIO DO NOSO EQUIPO. PERO GUSTÁBANOS QUE TIVESE VOLUME…
FIXEMOS UN OBRADOIRO:
- CON PAPEL DE XORNAL FACEMOS A CABEZA, CORPO E PATAS.
- CON PAPEL DE COCIÑA, COLA E AUGA RECUBRÍMOLOS PINTÁMOLOS.
- PUXÉMOLOS NO SEU HABITAT E DECIDIMOS AS SÚAS CARACTERÍSTICAS (ALIMENTACIÓN,REPRODUCIÓN,CURIOSIDADES...).
- SACÁMOSLLE FOTOS
- FIXEMOS UNHA MONTAXE DAS FOTOS CO ORDENADOR
- ESCRIBIMOS UNHA FICHA PARA METER NO FICHEIRO QUE LEVA RODOLFO NO LOMBO, PARA O SALÓN DO LIBRO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario