11/3/15

FIXEMOS UN VOLCÁN

NA CLASE DE 4 ANOS B.  DESCUBRIMOS QUE NA ERA DOS DINOSAUROS HABÍA MOITOS VOLCÁNS. ADEMAIS ALGUNHA TEORÍA DA EXTINCIÓN DOS DINOSAUROS, DI QUE MORRERON POLAS ERUPCIÓNS DOS VOLCÁNS. ASÍ QUE INVESTIGAMOS COMO ERAN OS VOLCÁNS, AS SÚAS PARTES, DE ONDE SAE A LAVA, COMO ERUPCIONABAN...ETC.

 FIXEMOS UN VOLCÁN CON ARXILA E UN VAL ENCANTADO ONDE VIVÍAN OS DINOSAUROS, CHEO DE ÁRBORES E DINOSAUROS E AO FINAL TAMÉN O NOSO VOLCÁN ERUPCIONOU.
TOCAMOS A LAVA E COMPROBAMOS QUE ESTA NON ESTABA QUENTE,  ULÍMOLA E INTENTAMOS ADIVIÑAR QUE COMPOÑENTES LEVABA.

 A PROFE CONTOUNOS QUE PARA FACER A LAVA UTILIZARA: VINAGRE, BICARBONATO, COLORANTE, FARIÑA E XABÓN.

LOGO  PROBAMOS NÓS A VER QUE MESTURA NECESITABAMOS PARA QUE O VOLCÁN TIVESE UNHA ERUPCIÓN. DÉMONOS CONTA QUE SE PRODUCÍA UNHA REACCIÓN QUÍMICA ENTRE O BICARBONATO E O VINAGRE .

No hay comentarios:

Publicar un comentario