ESTA SEMANA EN 4 ANOS A. EN INVESTIGAMOS SOBRE OS "CUELLILARGOS" E APROVEITAMOS PARA VER A PELI QUE TROUXO CARLA B E LAURA, "O VALLE ENCANTADO A VIAXE DOS CUELLILARGOS".
DESCUBRIMOS QUE TEÑEN O COLO MOI LONGO PARA PODER CHEGAR ÁS PÓLAS DAS ÁRBORES E COMER AS FOLLAS, PORQUE SON HERBÍVOROS. E QUE SON OS DINOSAURIOS MÁIS GRANDES, CUNHAS PATAS FORTES E ROBUSTAS COMA AS DOS ELEFANTES E GORDOS COMA UN TONEL.
COÑECEMOS MOITOS CUELLILARGOS: O MÁIS COÑECIDO É O DIPLODOCUS, PERO TAMÉN INVESTIGAMOS DO BAROSAURO ( DELGADO E LONGO), O SALTASAURO (ACORAZADO CON BULTOS DE ÓSOS NO LOMO), O BRONTOSAURO - APATOSAURO ( CAMINA COA COLA E O COLO ESTIRADO) E O BRANQUIOSAURO (TEN AS PATAS DELANTERAS MÁIS LONGAS)
PARA REMATAR A NOSA INVESTIGACIÓN DOS "CUELLILARGOS" FIXEMOS UNHA EXPERIMENTACIÓN CON PATACAS, PARA AVERIGUAR PORQUE TIÑAN OS COLOS TAN LONGOS E AS CABEZAS TAN PEQUENAS, E UN COLAXE CON ESTAMPACIÓN DUN CUELLILARGO COMENDO FOLLAS!
MIRADE QUE BONITO NOS QUEDOU...
No hay comentarios:
Publicar un comentario