9/3/15

OS DINOSAUROS SON OVÍPAROS

UN AMIGO DA CLASE DE 4 ANOS B. TROUXO A CLASE UN OVO TRANSPARENTE CUN DINOSAURO DENTRO. BOTÁMOSLLE AUGA DENTRO DO OVO E OBSERVAMOS COMO MEDRABA O DINOSAURO, CADA DÍA ERA MÁIS GRANDE, ATA QUE XA NON ENTRABA NO OVO E ABRÍMOLO PARA SACALO. COLLEMOS O BEBÉ DINOSAURO NA MAN, E ESTABA ESCORREGADIZO. ASÍ IMAXINÁMONOS QUE SAIRÍAN OS DINOSAUROS


AS PROFES TROUXÉRONNOS A CLASE UN OVO MOI PEQUENIÑO QUE PODÍA SALTAR, ASI CHAMÁMOSLLE "EL HUEVO SALTARIN". EMPEZÁRONNOS A PREGUNTAR SE SABIAMOS QUE ANIMAL POÑIA ESE OVO. ASÍ FALAMOS DA REPRODUCIÓN DOS ANIMAIS, CALES ERAN OVÍPAROS E CALES VIVÍPAROS E FÓMOLOS CLASIFICANDO. TAMÉN FALAMOS DE COMO SE REPRODUCÍAN OS DINOSAUROS.



FIXEMOS UN EXPERIMENTO, METEMOS UN OVO DE GALIÑA DENTRO DUN BOTE QUE TIÑA VINAGRE.
 AS PROFES PREGUNTÁRONNOS QUE PENSABAMOS QUE LLE PODÍA PASAR AO OVO. ASI FOMOS FACENDO AS NOSAS HIPÓTESES: ROMPERASE, FARASE GRANDE, PEQUENO, SALTARÁ, CAMBIARÁ DE COR...ETC.
DEIXÁMOLO DURANTE 48 HORAS E CADA DÍA IAMOS OBSERVÁNDOO E APUNTANDO OS CAMBIOS QUE SE PRODUCÍAN NEL.
CANDO O SACAMOS COMPROBAMOS QUE O OVO CRECERA, NON ERA DURO, CAMBIARA DE COR E O MÁIS GRACIOSO, QUE PODÍA SALTAR SEN ROMPER.
 AS PROFES EXPLÍCANNOS QUE SE PRODUCE UNHA REACCIÓN QUÍMICA ENTRE O VINAGRE E O CARBONATO DE CALCIO DA CASCA DO OVO, O VINAGRE COME A CASCA DO OVO. POR FÓRA TEN UNHA MEMBRANA ELÁSTICA, QUE FAI QUE BOTE COMO UNHA PELOTA. O OVO FAISE MÁIS GRANDE, PORQUE O VINAGRE ENTRA PARA O SEU INTERIOR.
 COMO É TRANSPARENTE PODEMOS VER COMO É POR DENTRO. E VEMOS COMO A XEMA SE MOVE DUN LADO PARA O OUTRO COMA SE ESTIVESE A NADAR NA CLARA. NA CLASE DE 4 ANOS B. CÁELLE O OVO Á PROFE E ROMPEUSE NA ALFOMBRA, OBSERVÁMOLO E TOCÁMOLO E VEMOS QUE ESTA RECUBERTO POR UNHA MEMBRANA, TOCAMOS A XEMA E A CLARA E VEMOS QUE ADEMAIS HAI UN LIQUIDO QUE ULE MAL, QUE É VINAGRE.


No hay comentarios:

Publicar un comentario