DURANTE ESTES DÍAS NA CLASE DE CATRO ANOS A ESTAMOS A INVESTIGAR MOITO SOBRE: OS DIFERENTES TIPOS DE DINOSAUROS, QUE CARACTERÍSTICAS TEN CADA UN, CLASIFICÁNDOOS POR DIFERENTES CRITERIOS...
NA CLASE DE CATRO ANOS B, ESTAMOS A INVESTIGAR SOBRE: COMO ERA O PLANETA TERRA POR FÓRA E POR DENTRO NA ERA DOS DINOSAUROS, POR QUE SE PRODUCEN OS VOLCÁNS E TERREMOTOS E POR QUE OS FÓSILES APARECEN ENTERRADOS BAIXO TERRA.
NAS DÚAS CLASES ESTAMOS A VER COMO SE REPRODUCÍAN OS DINOSAUROS E FACEMOS EXPERIMENTOS.
A FIN DE SEMANA CONTARÉMOSVOS TODO O QUE INVESTIGAMOS E ENSINARÉMOSVOS FOTOS DOS NOSOS EXPERIMENTOS.
NA CASA PODEDES AXUDARNOS A INVESTIGAR SOBRE ESTES CONTIDOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario