11/3/15

TIPOS DE DINOSAUROS

NA CLASE DE 4 ANOS A, ANDAMOS A INVESTIGAR AS CARACTERÍSTICAS DOS DINOSAUROS E COMEZAMOS A CLASIFICALOS PARA COÑECELOS MELLOR!

O PRIMEIRO QUE FIXEMOS FOI INVESTIGAR NOS LIBROS E REVISTAS QUE TIÑAMOS NA AULA E TROUXEMOS DA CASA E DA BIBLIO DO COLE. COMPARAMOS COMO ERAN E AO VER QUE NON ERAN TODOS IGUAIS , DECIDIMOS INVESTIGAR COMO ERAN.
CADA MESA ESCOLLEU UN EQUIPO E DECOROU A SÚA CADEIRA CO DINO QUE LLE TOCOU: TERODÁCTILOS, PTRANODON, DIPLODOCUS, TIRANOSAURO REX, TRICERATOPS E VELOCIRAPTOR, SON OS NOSOS EQUIPOS DE AULA. SOMOS UNHA MANADA MOI VARIOPINTA!

O PRIMEIRO TIPO QUE INVESTIGAMOS FORON OS  TERODÁCTILOS O PTEROSAUROS (DINOSAUROS VOADORES) E OS QUE MÁIS NOS GUSTARON FORON O ARCHIPETERIX E O PTERANODON! APRENDIMOS QUE TEÑEN AS AS CON PEL, UN PICO LONGO PARA PESCAR, QUE SON CARNÍVOROS,..

APROVEITAMOS PARA AVERIGUAR COMO NACEN E ANDAMOS A FACER UN EXPERIMENTO CUN OVO! DESCUBRIMOS QUE OS DINOS SON OVÍPAROS E NON VIVÍPAROS COMA NÓS!

PARA REMATAR A NOSA INVESTIGACIÓN DOS DINOS VOADORES, CONSTRUIMOS UN PTERANODON PARA DECORAR A AULA!


No hay comentarios:

Publicar un comentario