11/9/13

COMEZA A AVENTURA!!!

HOXE FOI O PRIMEIRO DÍA DE COLE PARA UN PEQUENO GRUPO DE NENOS E NENAS DE 3 ANOS, QUE VIÑAN CARGADOS DE EMOCIÓNS, MEDOS, EXPECTATIVAS,... E PASÁMOLO MOI BEN, SO TEDES QUE VER AS SÚAS CARAS DE LEDICIA,...ATA O PRÓXIMO DÍA PEQUES!!



7/9/13

XA ESTIVEMOS VISITANDO O COLEXIO

DURANTE ESTA SEMANA, AS NENAS E OS NENOS DE TRES ANOS ESTIVEMOS VISITANDO O COLEXIO E AS NOSAS AULAS.
XA O VIRAMOS EN XUÑO, CANDO FORAMOS ÁS CLASES PARA ESTAR UN CHISQUIÑO COAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS E XOGAR.
NESTA SEMANA ACOMPAÑAMOS Á NOSA FAMILIA A UNHA ENTREVISTA.
XA FALTA POUQUIÑO PARA QUE VAIAMOS MÁIS SEGUIDO.




DEICA O DÍA 11!

O pitiño branco
de crista vermella
              comeza hoxe a escola
do medio da eira.
    Intúe que a escola
      é algo importante,
        porque no poleiro
          só fan preguntarlle:

            -E ti?...vas á escola?
            -Cando á escola irás?
            -Se non vas á escola...
            non aprenderás.

            Onte pola noite
            non pechaba ollo,
            estaba nervioso
            con todo ese embrollo.

            O pitiño branco
            non dorme, non soña,
            faise mil preguntas
            sobre iso da escola:
            Haberá unha mestra?,
            ou un educador?,
            será un sitio frío?,
            fará nel calor?

            Que fago cando entre?,
            terei que sentar?
            Se non teño sitio...
            poderei marchar?

            Alí hai moita xente...
            coñecerei a alguén?
            Con quen xogo se...
            non coñezo a ninguén?

            E se quero caca
            ou facer pipí...
            a quen llo debo eu
            comentar ou dicir?

            Se vou ao retrete
            Saberei regresar?
            Quen a cremalleira
            me axudará a pechar?

            E se cando acabe
            non me veñen buscar...
            que fago? marchar?
            ou pórme a chorar?

            Estas e outras dúbidas
            fanlle presentir
            que iso da escola
            non é para si.

            Cando dorme, soña
            coa avoa galiña.
            Que emocionada
            está a pobriña!:

            -Como pasa o tempo!
            Onte inda era ovo,
            e hoxe o meu neto
            é un alumno novo!

            Espertou outra vez,
            ás tres da mañá
            e lembrou as cousas
            que lle mercou papá:

            Un lapis, uns folios,
            unhas cores, un traxe...,
            Moitas máis cousas
            que se vou de viaxe!

            O galo ergueuse
            e chamou ao pitiño,
            a pola mandou
            bulir un pouquiño:

            - Hai que bulir un pouco,
            xa pasa da hora
            correde ou non chegamos
            cediño á escola.

            Será que a escola
            - pensa o pitiño
            se vai desprazando
            cada minutiño?

            Ai que nervios teño!
            Xa estamos chegando
            con pitas e pitos
            eu voume atopando.

            O pai, o galo
            está preocupado...:
            que fará o pito
            cando estea esgotado?

            Se a escola é
            -cavila omellor que hai...
            por que lle treme todo
            á miña bela nai?

            Que é iso que soa?
            Que é ese timbre?.
            Non entro, non quero,
            as miñas ás resístense.

            Mamá dáme bicos,
            papá dáme máis,
            nin que me fose
            alén de Xangai!

            Se me dan máis bicos,
            voume suxeitar,
            forte, moi forte,
            non me hei soltar.

            Chegou o momento,
            xa teño que entrar,
            saúdanme na porta...
            isto vaime gustar.

            Papá e mamá
            quedaron un pouquiño
            por se tiña medo
            de ficar soíño.

            Aos poucos días
            vai seguro á escola,
            está pouco tempo,
            máis todo controla.

            E é que esta escola,
            a escola da eira,
            ten un plan de entrada
            que é de primeira