29/1/19

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

Hoxe tivemos xuntanza do club de lectura de 3º e 4º na Biblioteca.
Falamos do libro e comentamos sobre a lectura e os nosos gustos.
Tivemos un agasallo.




21/1/19

ELECCIÓNS PARA A NOSA CIDADE

Foi un día especial, pero cheo de realidade.
A democracia deixouse ver hoxe en terceiro. Tiñamos que votar ao partido político que nos representará e velará polo ben da cidadanía que imos crear.
Papeletas, urna, mesa electoral, carnés de identificación persoal, escrutinio... unha chea de vocabulario novo para coñecer máis de preto o proceso de elección da xente que nos goberna.


E aquí temos os resultados, realizados tamén polos membros da mesa electoral unha vez se comproba que toda a cidadanía votou. Á dereita, na porta, os partidos políticos que se presentaron para esta candidatura:



13/1/19

OS ROBOTS TAMÉN AXUDAN A APRENDER!

Aquí nos tedes xogando, pero tamén aprendendo!
Multiplicacións pola unidade seguida de ceros creadas por nós, a cuxos resultados debe chegar o noso robot. Programámolo e vemos que acontece. A maior parte das veces acertamos!

Preme na imaxe para ver en detalle

9/1/19

CHEGA UNHA NOVA CARTA DAS NOSAS MASCOTAS

Hoxe as nosas mascotas enviáronnos unha carta. Din que van reformar a súa casa, e que lle entregaron un plano da vivenda, pero non o pode comprender moi ben e pídenos axuda. Aquí estamos nós intentando descifrar este real crebacabezas. O que parecía un conxunto de liñas sen sentido, resultou ser algo moi sinxelo!


OUTRA EXPOSICIÓN VOLUNTARIA

Aquí temos un novo valente. Falounos de algo que lle encanta: a película do Libro da Selva!
Quedamos abraiadas e abraiados con esta presentación, porque tiña moito colorido e imaxes reais da película.
Que ben o fixo o compañeiro!

Clica na imaxe para velas en detalle