21/11/19

19/11/19

Efecto PO2

Vimos de participar na campaña "efecto PO2" que organiza o Concello de Pontevedra na súa implicación contra o cambio climático. Plasmamos en telas ecolóxicas as nosas propostas para facer desta cidade un lugar máis sostible e máis inclusivo. Aquí tedes unha mostra da nosa intervención, que xunto ás doutros coles de Pontevedra, estará exposta nos vindeiros días no parque de As Palmeiras.







16/11/19

Exposición de amuletos

Este ano polo Samaín fixemos uns amuletos para protexernos dos nosos medos. Están expostos no corredor de acceso ás aulas de 1° e 2°. Convidámosvos a visitar esta exposición o próximo martes, día 19, de 16:00 a 19:00 h. Aquí vi un adianto do que podedes atopar. Esperamos que vos guste!