15/4/19

OBRADOIRO DE COMPOSTAXE. Quen vive aí?

Que se agocha entre as rochas e a terra que a diario pisamos? Foi a misión a resolver nesta sesión, na que tratamos de atopar pequenos bechos, ou non tan pequenos!
Algúns ata os vimos polo microscopio.



13/4/19

GRAVADOS PARA DECORAR

O alumnado de 3º utilizou o gravado para decorar as carpetas nas que gardaron os traballos realizados neste trimestre. Este ano o día das Artes Galegas dedicóuselle a Luis Seoane, que foi un ilustre gravador, e en homenaxe a este personaxe aprendemos unha técnica nova. Mirade que artistas.

Gozade das vacacións!






5/4/19

ENERXÍAS RENOVABLES. PlayEnergy.

Hoxe ademais de poñer a proba os nosos coñecementos sobre esas enerxías que non contaminan e que son tan limpas, aprendemos moitas cousas.
Vimos exemplos de enerxías e mesmo traballamos con algúns enredos para comprender mellor como funcionan as máquinas con enerxías limpas.