20/12/18

ENCADERNACIÓN XAPONESA


Unha nova maneira de arquivar os nosos traballos é coséndoas nós. Esta técnica é unha iniciación sinxela á encadernación tradicional xaponesa.

Para moitos e moitas, era o primeiro contacto con agulla e fío.
Foi un pouco lío ao comezar, pero axiña lle collemos o truco. Con paciencia e esforzo, fomos quen de logralo. Gústavos o resultado?







17/12/18

DECORACIÓN NAVIDEÑA

Xa vai sendo hora de elaborar algunha decoración navideña para o cole, e é que... as vacacións están a piques de chegar!
Fixemos unha árbore de Nadal ben orixinal: con círculos!
Tivemos que atopar obxectos que nos axudaran a trazar esa forma tan complexa de facer a man alzada, e fixámonos en que hai unha chea deles.
Velaquí o resultado e algunhas fotos do momento, clica nelas para velas mellor:




13/12/18

NOVA EXPOSICIÓN VOLUNTARIA SOBRE UN CASTELO

Hoxe, outra compañeira atreveuse a expoñer temas que nos parecen interesantes. Neste caso, sobre o Castelo de Sobroso. Que interesante foi! Xurdíronnos unha chea de preguntas que a compañeira tivo a paciencia de respoder.
Aquí unhas imaxes da exposición.
Parabéns!





30/11/18

O BROCHE FINAL

Estes días foi o momento de expoñer aos compañeiros e ás compañeiras os pósters sobre as nosas investigacións sobre a velutina que tanto traballo nos levou, pero aprendemos dabondo!

23/11/18

CONMEMORACIÓNS NO COLE


Resultado de imagen de palabras con corazonResultado de imagen de cuando las niñas vuelan alto libro


O día 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Desde as aulas é importante non deixar no esquecemento que calquera conflito ou dificultade se pode resolver a través das palabras, de palabras con corazón. 
Para iso, lemos uns libros que nos axudan a comprender estas cuestións, á vez que traballamos comprensión lectora e expoñemos as nosas experiencias.

"Cuando las niñas vuelan alto" transmítenos unha noción de igualdade e de perseverancia para conseguir os nosos propósitos, sexan cales sexan.

E para completar estas tarefas, o mestre Manuel contounos dúas historias que tratan de abrir os ollos e as orellas para poñer a nosa atención na prevención do maltrato de xénero.


21/11/18

CONCERTO FETÉN FETÉN


Resultado de imaxes para el magico mundo de los instrumentos insolitos
Saímos do cole por primeira vez neste curso para gozar da obra "El mágico mundo de los instrumentos insólitos", interpretada polo dúo Fetén-Fetén.

Foi divertido, pois fixéronnos bailar e deixáronnos abraiadas e abraiados ao faceren soar obxectos que de por si non son instrumentos: un serrucho, un caldeiro da praia...

Aquí vos deixamos unhas fotos do momento, clica na imaxe para acceder ao álbum completo.

17/11/18

ENCHEMOS DE VIDA O NOSO MURAL DO OUTONO!

Xa era chulo dabondo, pero agora o alumnado de terceiro achegou as súas creacións ao mural e mesmo parece outro!
Recollemos follas, fixemos un animaliño con elas e logo disto, creamos uns "pareados". Finalmente gravámonos de forma moi profesional para que todas e todos puiderades gozar do noso fantástico traballo!

Aquí vos deixo o traballo do grupo de terceiro B. Desexo que vos guste o resultado!

13/11/18

ASÍ DE BEN O PASAMOS NA FESTA DO MAGOSTO

Antes da degustación, preparamos os cucuruchos nas aulas e despois gozamos de xogos tradicionais, os de toda a vida, que non deixan de ser moi divertidos.


Preme aquí para acceder ao álbum completo.

11/11/18

A FESTA DO MAGOSTO

O próximo martes celebraremos a festa do magosto no cole. Haberá xogos, degustación de castañas e tamén boa música.

A TÉCNICA DO MARMOLADO

Consiste en mesturar cores coa escuma de afeitar creando vetas como as do mármore. Podémolo empregar para decorar papeis, sobres, carteis...
Mirade que ben o pasamos practicando esta técnica.





COÑECIADES ESTE USO DA ESCUMA DE AFEITAR?

Que ben o pasamos descubrindo outros usos dos materiais que temos pola casa!

Utilizamos escuma de afeitar para elaborar papel marmolado e, aínda que ao primeiro non nos saíu moi ben, nótase como a nosa técnica foi mellorando coa práctica.



AS EXPOSICIÓNS NON PARAN!

Pasaron uns cantos festivos pero iso non impide que as nosas exposicións orais continúen. Seguimos mellorando a nosa expresión oral, e sobre todo, aprendemos a perder o medo a falar ante moitas persoas. Esta tempada, tres foron os valentes de terceiro B que se apuntaron a isto de contarnos algo que prepararan voluntariamente na casa. Moitas grazas e parabéns!


 

20/10/18

CHEGOU ANTÍO

Tal como vos dixemos antes, chegou Antío esta semana ao colexio.
Iso é porque sabe que pronto faremos o Magosto.
Como lle gustan tanto as castañas, este ano chegou antes coa intención de que lle recollamos receitas sobre castañas. Díxonolo nunha carta.

Que larpeiro é!
Tamén quere que fagamos carteis para anunciar o Magosto, seguro que é porque non quere esquecer a data!

16/10/18

NOVAS EXPOSICIÓNS ORAIS...


Hoxe chegou Antío ao cole, o outono segue avanzando e o San Martiño estase achegando. Por iso foi moi apropiada a exposición sobre o porco, xa que aprendemos moitas cousas. Parabéns!



10/10/18

E SEGUIMOS APRENDENDO SOBRE AS VELUTINAS

A biblioteca é un lugar máxico no que se agocha moita sabiduría, en forma de libros e outros recursos. Hoxe o alumnado de terceiro empregouna para seguir aprendendo, como non, sobre o seu proxecto das velutinas.
Estamos a converternos en auténticas expertas e expertos, pero non nos rendemos!
Moitas das cousas que se falaron xa as sabiamos, pero outras moitas serviron para coñecer máis a fondo estes insectos.


4/10/18

COMEZAN AS EXPOSICIÓNS ORAIS VOLUNTARIAS

Ás nosas mascotas encántalles as exposicións, xa sexan individuais ou grupais. Por iso, organizamos unha hora semanal para facer este tipo de traballos voluntarios, de temática libre.
Ademais, as persoas que escoitamos temos que estar moi moi atentas para cubrir a rúbrica de avaliación, porque así aprendemos a valorar o esforzo de todas e todos.

Aquí temos algunhas fotos do que nos presentou unha alumna de 3ºB. Parabéns!
Quen será a próxima ou o próximo valente?

1/10/18

O NOSO PROXECTO: AS VELUTINAS

Estamos a traballar ao redor dun proxecto.
Recollemos o que sabemos sobre as velutinas e imos investigar sobre as dúbidas.
Queredes axudarnos?

25/9/18

QUE ESTAREMOS A ARGALLAR?

Estes días, as rapazas e rapaces de terceiro estamos a traballar arreo para dar a benvida ao outono como se merece! Cal será o resultado final?


9/9/18

XA ESTAMOS EN 3º!

ESTE CURSO IMOS ESTAR NOUTRO ANDAR DO CENTRO.
XA SOMOS MAIORES!
PASAMOS A 3º.
APRENDEREMOS MOITAS COUSAS NOVAS.
AS NOSAS MASCOTAS CAMBIARÍAN DE AULA? ESCRIBIRÍANNOS? ONDE ESTARÍAN DURANTE AS VACACIÓNS?

20/6/18

VISITA DE 2º a 3º


O ALUMNADO DE 2º VISITOU 3º. FOI VER COMO SERÁN AS SÚAS NOVAS AULAS.
VELAQUÍ UNHAS POUCAS FOTOS.

4/6/18

DÍA MEDIOAMBIENTE

O NOSO TRABALLO SOBRE OS SERES VIVOS TAMÉN NOS PIDE REFLEXIONAR SOBRE O MEDIO AMBIENTE.
COIDÁMOLO?
COMO AFECTAN OS PLÁSTICOS AOS SERES VIVOS?
Resultado de imagen de PLÁSTICOS E SERES VIVOS

9/5/18

UNHA CARTA DA MASCOTA SOBRE AS LETRAS GALEGAS

UNHA CARTA DA NOSA MASCOTA ANÚNCIANOS UN MES ESPECIAL. O MES DAS LETRAS GALEGAS.
TEMOS MOITAS ACTIVIDADES RELACIONADAS:
- ESCRIBIR POESÍA PARA O CERTAME DE POESÍAS DO COLEXIO.
- TRABALLAR COA BIOGRAFÍA DA AUTORA HOMENAXEADA ESTE ANO: MARÍA VICTORIA MORENO.
- LER ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS (NÓS XA ESTAMOS A LER "MAR ADIANTE") PERO A MASCOTA DEIXOUNOS ADEMAIS OUTRO LIBRO DELA ("A FESTA NO FAIADO").
- RECREAR PORTADAS E LIBROS TROQUELADOS.



4/3/18

NOVO PROXECTO: OS SERES VIVOS

SABEMOS MOITO SOBRE OS SERES VIVOS, PERO QUEREMOS PROFUNDAR...
ASÍ QUE IMOS FACER UNHA SERIE DE ACTIVIDADES MOI INTERESANTES.
XA VOS IREMOS CONTANDO.

2/3/18

SAÍDA EDUCATIVA


NESTA SEMANA TEMOS NOVAS ACTIVIDADES,
INICIAMOS PROXECTO NOVO SOBRE SERES VIVOS E TEMOS SAÍDA EDUCATIVA DE 1º E 2º AO TEATRO.
https://photos.app.goo.gl/U8egRyQSwo9la4b02



24/2/18

VISITA AO CONCELLO

Pasámolo moi ben no Concello e coñecimos un pouco máis a nosa contorna, moitas grazas por tan boa acollida.