20/12/19

Máis de Alexandra


Visita de Alexandra Pérez

O venres 13 tivemos a gran sorte de que nos visitara a artista Alexandra Pérez.
Propúxonos un taller de igualdade co que reforzamos coñecementos traballados ao longo da semana. E para rematar gozamos dunha sesión de música en directo.
Pasámolo xenial.

Gracias Alexandra!!!!!!

Traballando co scratch

Un día á semana visitamos a aula de informática para traballar con diferentes programas. Estas últimas semanas dedicámolo á programación co scratch. Deseñamos unhas postais de nadal do máis divertidas. Gústanvos?











Comezamos coas exposicións en 4º

Co gallo das nosas investigacións, sobre as viaxes, o alumnado realizou algunhas exposicións compartindo os seus coñecementos: globo aerostático, avións, coches de alta gama, tranvía, submarinos, motos de competición,etc.
Que interesante!