30/11/18

O BROCHE FINAL

Estes días foi o momento de expoñer aos compañeiros e ás compañeiras os pósters sobre as nosas investigacións sobre a velutina que tanto traballo nos levou, pero aprendemos dabondo!

23/11/18

CONMEMORACIÓNS NO COLE


Resultado de imagen de palabras con corazonResultado de imagen de cuando las niñas vuelan alto libro


O día 25 de novembro conmemórase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Desde as aulas é importante non deixar no esquecemento que calquera conflito ou dificultade se pode resolver a través das palabras, de palabras con corazón. 
Para iso, lemos uns libros que nos axudan a comprender estas cuestións, á vez que traballamos comprensión lectora e expoñemos as nosas experiencias.

"Cuando las niñas vuelan alto" transmítenos unha noción de igualdade e de perseverancia para conseguir os nosos propósitos, sexan cales sexan.

E para completar estas tarefas, o mestre Manuel contounos dúas historias que tratan de abrir os ollos e as orellas para poñer a nosa atención na prevención do maltrato de xénero.


21/11/18

CONCERTO FETÉN FETÉN


Resultado de imaxes para el magico mundo de los instrumentos insolitos
Saímos do cole por primeira vez neste curso para gozar da obra "El mágico mundo de los instrumentos insólitos", interpretada polo dúo Fetén-Fetén.

Foi divertido, pois fixéronnos bailar e deixáronnos abraiadas e abraiados ao faceren soar obxectos que de por si non son instrumentos: un serrucho, un caldeiro da praia...

Aquí vos deixamos unhas fotos do momento, clica na imaxe para acceder ao álbum completo.

17/11/18

ENCHEMOS DE VIDA O NOSO MURAL DO OUTONO!

Xa era chulo dabondo, pero agora o alumnado de terceiro achegou as súas creacións ao mural e mesmo parece outro!
Recollemos follas, fixemos un animaliño con elas e logo disto, creamos uns "pareados". Finalmente gravámonos de forma moi profesional para que todas e todos puiderades gozar do noso fantástico traballo!

Aquí vos deixo o traballo do grupo de terceiro B. Desexo que vos guste o resultado!

13/11/18

ASÍ DE BEN O PASAMOS NA FESTA DO MAGOSTO

Antes da degustación, preparamos os cucuruchos nas aulas e despois gozamos de xogos tradicionais, os de toda a vida, que non deixan de ser moi divertidos.


Preme aquí para acceder ao álbum completo.

11/11/18

A FESTA DO MAGOSTO

O próximo martes celebraremos a festa do magosto no cole. Haberá xogos, degustación de castañas e tamén boa música.

A TÉCNICA DO MARMOLADO

Consiste en mesturar cores coa escuma de afeitar creando vetas como as do mármore. Podémolo empregar para decorar papeis, sobres, carteis...
Mirade que ben o pasamos practicando esta técnica.





COÑECIADES ESTE USO DA ESCUMA DE AFEITAR?

Que ben o pasamos descubrindo outros usos dos materiais que temos pola casa!

Utilizamos escuma de afeitar para elaborar papel marmolado e, aínda que ao primeiro non nos saíu moi ben, nótase como a nosa técnica foi mellorando coa práctica.



AS EXPOSICIÓNS NON PARAN!

Pasaron uns cantos festivos pero iso non impide que as nosas exposicións orais continúen. Seguimos mellorando a nosa expresión oral, e sobre todo, aprendemos a perder o medo a falar ante moitas persoas. Esta tempada, tres foron os valentes de terceiro B que se apuntaron a isto de contarnos algo que prepararan voluntariamente na casa. Moitas grazas e parabéns!