15/6/20

REMATA O CURSO, FELIZ VERÁN!!!

Chegou a derradeira semana do curso 2019-2020, un curso que non esqueceremos debido as extraordinarias circunstancias que nos tocou vivir. Queremos agradecervos a vós e as vosas familias o traballo, o esforzo e a dedicación que mostrastes nesta situación tan complicada. Sodes unhas auténticas campioas e campións dos que nos sentimos tremendamente orgullosas. Agora toca descansar, recuperar o tempo que non puidemos saír da casa e aproveitar a tope este verán para empezar con forza e con ánimo o curso que vén.

O tema desta semana converteuse nun himno das victorias deportivas pero tamén dos nosos esforzos e dos nosos logros, porque más que nunca "We are the champions".

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Calendario matemático

Gramática:
El análisis morfológico. Actividad 2
Calendario matemático

División por 2 cifras (Ver abaixo)
Calendario matemático

Calendario matemático

Calendario matemático

Despedida videoxuntaza
 Preparar a actividade de despedida do curso.
(Ver opcións abaixo)
Preparar a actividade de despedida do curso.
Preparar a actividade de despedida do curso.
Rematar actividade de despedida e enviar.
INGLÉS: Visitade o blog. 
MÚSICA: Visitade o blog
EDUCACIÓN FÍSICA: Visitade o blog. 
RELIXIÓN/VALORES: Carta de despedida



























- CALENDARIO MATEMÁTICO. Aquí vos deixamos as solucións ao calendario matemático da semana pasada. Seguimos co  calendario de xuño. Solucións
- GRAMÁTICA: Solución da oración da semana anterior
El análisis morfológico, 6. Gramática. Actividad 2
- DIVISIÓN 2 CIFRAS: Entra en: Divisor de 2 cifras, Actividade 1 e elixe dúas contas para facer  http://pdi.vicensvives.com/pdi/matematicas4/program/index.html#/qsap?l=550&t=92763

- ACTIVIDADE DE DESPEDIDA: Esta semana remata o curso e ides realizar unha actividade de despedida coa que tamén desexaremos unhas felices vacacións de verán para todas e para todos. Podedes facer o que queirades: Carta, mural, presentación, vídeo, canción, baile, poema, exhibición deportiva, tocar un instrumento...

- XOGOS:
https://view.genial.ly/5ed336b6dbd44e12159115ac/learning-experience-challenges-lugares-fabulosos VIAXAR
https://view.genial.ly/5eb4f7264dae8c0da995f594/game-tu-tesoro-para-la-vida PASAPALABRA
https://view.genial.ly/5e887c03ba81d90dfb4ed2cd/interactive-content-juegos-interactivos-de-mates-y-lecto-infantil mates fáciles
https://view.genial.ly/5c7d35f408403f026134e3c8/interactive-content-antiguo-egipto Exipto
https://view.genial.ly/5e69b44182b5130fe35b03c3/presentation-cuerpo-humano corpo
https://view.genial.ly/5e858fcb59ee3c0df4f2b271/game-repasamos-matematicas-de-6o mates
https://view.genial.ly/5e7cdcb955b9c70e3f458f3f/game-lengua-castellana lingua


DESPEDIRÉMONOS O VENRES CUNHA VIDEOXUNTANZA (mandaremos número e contrasinal por Tokapp)

8/6/20

UNHA OLLADO AO PASADO

Pensas que 2,5 millóns de anos son moitos? É, aproximadamente, o tempo que o ser humano leva neste planeta. Desde os inicios fomos cambiando a nosa forma de vivir: aprendemos a cazar, a domesticar animais, a fabricar ferramentas e adornos, descubrimos o fogo… e aprendemos a escribir. Coa aparición dos primeiros escritos comeza unha nova etapa moito máis curta que a anterior, pasamos da Prehistoria á Historia. Hai 2,5 millóns de anos que o ser humano habita na Terra, e case todo este tempo corresponde coa Prehistoria, só os últimos 5000 anos forman parte da Historia propiamente dita. Imos botarlle unha ollada ao noso pasado máis afastado, a Prehistoria e a Idade Antiga.

O tema musical desta semana é a banda sonora de "La historia interminable"  (The neverending story), unha novela de Michael Ende, que máis tarde, se converteu nunha das nosas pelis favoritas, invitámosvos a vela, seguro que vos encanta.

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Calendario matemático

Análise morfolóxica: “Nuestros antepasados disfrutaban del arte”
Calendario matemático

Actividade: “O tempo histórico”
Calendario matemático

Actividade mates: “O tempo histórico”
Calendario matemático

Actividade: "Arqueoloxía do futuro"
Enviar por correo.
Calendario matemático
  Ver vídeos e consultar páxinas web.
Ver vídeos e consultar páxinas web.

“Representacións da Prehistoria e da Idade Antiga”: Ver as diferentes propostas de utensilios, armas e creacións artísticas que podedes facer.
Ver vídeos e consultar páxinas web.

Pensar nun utensilio,arma ou creación artística para representar. Facer o deseño.
Comezar coa   representación
Rematar a representación e enviar por correo.
INGLÉS: Visitade o blog. Para mandar actividades de inglés mourenteenglish@gmail.com
MÚSICA:  Para mandar actividades de música musicavilaverde@gmail.com
EDUCACIÓN FÍSICA: Esta é a proposta desta semana sobre a Prehistoria. Para mandar actividades infanvila@gmail.com
RELIXIÓN/VALORES: Proposta. Para mandar actividades de relixión católica relivilaverde@gmail.com

























- CALENDARIO MATEMÁTICO: Aquí vos deixamos as solucións ao calendario matemático da semana pasada. Seguimos co  calendario de xuño. Ao final da semana enviaremos solucións para que poidades corrixir).
- ANÁLISE MORFOLÓXICA. Analizade as palabras da oración que está escrita en color vermello, como faciamos na clase. Coñecedes moitas clases de palabras: artigos, posesivos, verbos, preposicións, substantivos, numerais… Recordade que se é un nome temos que especificar se é común/propio, feminino/masculino, singular/plural, concreto/abstracto, individual/colectivo. Ao final de semana subiremos aquí a solución.
- ACTIVIDADE "REPRESENTACIÓN DA PREHISTORIA OU DA IDADE ANTIGA". Ós nosos antepasados máis antigos gustáballes debuxar, pintar, facíano nas paredes das covas, estes debuxos coñécense como pinturas rupestres. Inspírate na arte dos nosos antepasados para facer algún utensilio, arma ou creación artística propia da Prehistoria ou da Idade Antiga. Aquí tedes unha mostra de pinturas rupestres e utensilios e armas da prehistoria. Se preferides algunha creación da Idade Antiga, a arte exipcia e a artesanía celta tamén che valen de referencia.
- ACTIVIDADE “ARQUEOLOXÍA DO FUTURO": Imaxina que es arqueóloga ou arqueólogo, que vives no século XXV e que escavas un depósito da nosa época. Conta aos teus contemporáneos como vivían as mulleres e os homes do século XXI. (Tes que contalo a partir dos restos arqueolóxicos e obxectos que atoparías escavando no depósito).

- PÁXINAS WEB CONSULTA:
Os primeiros poboadores:
Cova Eirós, xoia prehistórica de Galicia: https://www.gciencia.com/destinos/cova-eiros-triacastela-galicia/
Un recorrido por la prehistoria en 11 cuevas:
En tempos dos romanos:

- VÍDEOS:
O imperio romano: https://www.youtube.com/watch?v=ufEclRGXV6k

- AVISO: Este mércores non teremos videoxuntanza, farémola o próximo venres, día 19, para despedirnos.


3/6/20

ACCIÓNS POSITIVAS CARA O MEDIO AMBIENTE

Ainara preséntanos a súa horta urbana. Un xeito de promocionar a agricultura de autoconsumo. Parabéns Ainara, por esta marabillosa iniciativa.



1/6/20

EXPERIENCIAS SAÍDAS A RÚA

O alumnado cóntanos con debuxos e cómics como foron as súas saídas á rúa tralo confinamento.

A HORA DA NATUREZA

Esta semana vén marcada por unha efeméride importante, o Día Mundial do Medio Ambiente. Desde 1974, o 5 de xuño, converteuse nunha plataforma que reúne a gobernos, empresas e cidadáns para inspirar un cambio positivo na natureza. Este ano está dedicado a biodiversidade. Sucesos recentes como os incendios forestais en Brasil, California e Australia e agora a pandemia do COVID-19, demostran a relación tan estreita entre os humanos e as redes de vida nas que vivimos. Estamos nun momento excepcional no que a natureza nos envía unha mensaxe: “Para coidar de nós mesmos, primeiro debemos coidar dela”.



LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Calendario matemático

Análise morfolóxica: "Os activistas medioambientais defenden o noso planeta". 
Calendario matemático

División por 2 cifras
Calendario matemático

Calendario matemático

Calendario matemático

Facer unha proposta ao Alcalde de Pontevedra para mellorar algo da cidade.
(Mandar foto)
Escoitar 2 contos da diapositiva 16 da presentación "Día do medio ambiente" (ver abaixo).


Elixe a noticia  de National Geographic     sobre biodiversidade que máis che impacte e cóntaa coas túas propias palabras. (ver abaixo)
Ler diapositiva 17 da Presentación e facer preguntas compresión lectora.



Pensar nun instrumento ou xoguete realizado con material reciclado. (Ver exemplos abaixo)
Diapositiva 19 da Presentación "Día do medio ambiente".




Deseñar e comezar o xoguete ou instrumento 
Lectura e realización dalgúns xogos e pasatempos: “El planeta azul. Think blue” (Ver abaixo)
Rematar o xoguete ou instrumento e enviar foto por correo.

INGLÉS: Visitade o blog. Para mandar actividades de inglés mourenteenglish@gmail.com
MÚSICA:  Este venres, 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Para tomar conciencia de como deberiamos tratar ao mundo para un próspero futuro, propóñovos este tema do grupo Maná "¿Dónde jugarán los niños".  Esta semana non hai que entregar actividades pero recordade que se tedes algo de música pendiente podedes envialo a musicavilaverde@gmail.com
EDUCACIÓN FÍSICA: A proposta de Mónica sobre o medio ambiente vai de xogos con materiais reciclados. Para mandar actividades infanvila@gmail.com
RELIXIÓN/VALORES: Proposta. Para mandar actividades de relixión católica relivilaverde@gmail.com



































































- CALENDARIO MATEMÁTICO: Aquí vos deixamos as solucións ao calendario matemático da semana pasada. Empezamos co novo calendario de Xuño, recordade as expresión en forma complexa (Ao final da semana enviaremos solucións para que poidades corrixir). 
- ANÁLISE MORFOLÓXICA. Analizade as palabras da oración que está escrita en color vermello, como faciamos na clase. Coñecedes moitas clases de palabras: artigos, posesivos, verbos, preposicións, substantivos, numerais… Recordade que se é un nome temos que especificar se é común/propio, feminino/masculino, singular/plural, concreto/abstracto, individual/colectivo. Solución análise.
- PRESENTACIÓN "Día do medio ambiente" aquí tedes actividades, contos, propostas para investigación etc.
- NATIONAL GEOGRAPHIC ofrécenos un amplo reportaxe sobre diversidade.
DIVISIÓN 2 CIFRAS: Entra en Repaso Trimestral, Actividade 1 e elixe outras dúas contas para facer  http://pdi.vicensvives.com/pdi/matematicas4/program/index.html#/qsap?l=550&t=92773
- Exemplos de XOGUETES E INTRUMENTOS con material reciclado.
- LECTURA:  "El planeta azul. Think blue", con actividades, xogos e pasatempos divertidos.

OUTRAS PROPOSTAS:
- Na páxina do CSIC tedes xogos, experimentos e aplicacións sobre diversidade moi interesantes.
- GENIALLY Proposta optativa: "Salvar o mundo depende de ti": A vacina. A ver se sodes capaces de conseguir este reto. Podemos axudarnos uns aos outros no faladoiro. Ánimo e a por todas! Moitas pistas

PROPOSTAS MUSICAIS:

- No blog da biblioteca hai un enlace con títulos de libros de interese para esta temática.