26/3/21

OBRADOIRO DE CONTOS

      As nenas e nenos de 5º de Primaria participamos na elaboración de contos en galego. A continuación, amosámosvos o resultado dalgúns dos nosos traballos. Todos estes contos xiran en torno a unha temática común, pero o argumento varía en función dos nosos intereses. 

    

      Agardamos que gocedes coa súa lectura. Esforzámonos moito!!!


22/3/21

INICIÁMONOS NO SCRATCH

      Scratch é unha linguaxe de programación creada para que todas e todos poidamos iniciarnos no mundo da programación. Serve para crear animacións, historias interactivas e xogos. Aproveitando que no segundo trimestre traballamos un proxecto sobre animais e que aprendemos a elaborar descricións dos mesmos nas materias lingüísticas, empregamos Scratch para facer unhas animacións moi chulas. Agardamos que vos gusten!



AS NOSAS PRAZAS

    Co gallo de celebrar o 8M,  Día Internacional da Muller,  no colexio decoramos os corredores con placas conmemorativas, homenaxeando a mulleres valentes que abriron o mundo  a tantas outras  na súa loita pola igualdade.

    As nenas e nenos de 5ºB adicámoslle unha praza á bióloga e investigadora apícola suíza Anna Maurizio.




     As nenas e nenos de 5ºA dedicámoslle unha praza á escritora e avogada galega Ledicia Costas. Neste lugar colocaremos as nosas reivindicacións para lograr un mundo mellor.