29/9/19

Semana polo clima

O alumnado e as titoras de 4° sumámonos á protesta polo fenómeno do cambio climático que se vén de celebrar a nivel mundial.
Durante a semana realizamos actividades que culminaron o venres nunha protesta con cartaces realizados polas nenas e nenos.
O colectivo infantil ten un papel esencial, posto que será o que se encargue de coidar do noso planeta no futuro. Está concienciado da necesidade de reducir a contaminación para evitar as catástrofes ambientais que xa están acontecendo.


















2/9/19

ESTAMOS EN 4º!

ESTAMOS A PIQUES DE COMEZAR AS CLASES NUN NOVO CURSO, O 2019-2020.
AGARDAMOS CON IMPACIENCIA REENCONTRARNOS COAS AMIGAS E COS AMIGOS.
QUE NOVIDADES TEREMOS?