21/6/19

Foto grupo B

Foto final do grupo B

Pasade unhas felices vacacións de verán, rapazada. Foi xenial compartir convosco este curso.
Unha aperta moi grande!!


Festa rachada!

Chegou o momento da festa e da despedida!

Primeiro unha merendola para celebrar a fin do curso.



Despois baixamos ao patio onde actuou o alumnado e tamén onde fixemos o noso baile!



20/6/19

Contámoslle un conto a segundo

A piques de rematar o curso, aínda nos quedan enerxías para facer cousas divertidas.
Por fin chegou o momento de contarlle ao alumnado de segundo o contiño que levamos preparando neste trimestre. Disque lles gustou moito!


14/6/19

Visita ao Museo Massó

Menuda semana de visitas ao exterior! Hoxe fumos á vila de Bueu, onde visitamos o museo Massó. Alí aprendemos moitas cousas sobre a arte da pesca e da conserva e mesmo puidemos experimentar de primeira man o que é adicarse á arqueoloxía.
Para rematar, pasamos un tempiño nunha praza próxima. Que ben o pasamos!









13/6/19

Acollida alumnado de 2º

Hoxe convidamos ao alumnado que vai estar na nosa aula o vindeiro curso para contarlles o que van atopar nela. Deste xeito non será todo taaaan novo!
O alumnado de terceiro fumos ás aulas de segundo e alí apadriñamos a un compañeiro ou compañeira, a quen debemos explicar por onde se vai á aula, onde están os aseos, como é a nova axenda, as vistas da nova aula, que cousas se aprenden en terceiro e moitas moitas cousas máis.
E logo, antes de marchar cada quen á aula que aínda lle pertence, démonos un detalliño.

Xa queda moi pouquiño para cambiar de curso!!









12/6/19

VISITAMOS A TERRA DE ANTÓN FRAGUAS

Hoxe as nenas e nenos de terceiro visitamos a aldea na que viviu Antón Fraguas, o homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.
Aproveitamos para ver se atopabamos algunhas das especies autóctonas e invasoras que estudamos no cole e para recoller mostras daqueloutras que nos interese coñecer algunhas cousas máis.
Serviunos para aprezar a beleza do rural: as súas rúas tranquilas, trebellos de labranza, herbas e plantas que pouco se ven pola urbe...

Primeiro, baixamos do bus, tocaba subir unha pequena pendente. Xa nos serviu para localizar algunhas desas especies.





Chegamos a Igrexario, alí fixemos fotos de grupo e observamos as edificacións.





Camiñamos polas rúas de Loureiro, que estreitiñas son!


Logo, un intre para un pequeno descanso.




Paramos nun lavadoiro:



E de novo tocaba voltar ao bus para subirmos á carballeira, onde merendamos...


... e onde o pasamos moi moi ben!



Faltounos tempo para xogar máis!
Que divertido é o rural!