8/12/21

DESCUBRIMOS UN PLANETA CHEO DE MAXIA

    Neste trimestre adicado á maxia, dende o ámbito científico-matemático, o alumnado de 6º estivo a estudar e traballar o planeta Terra, as súas capas e tamén o máxico mundo dos volcáns. Nun recuncho do segundo andar temos todas as maquetas que os nenos e nenas de 6º foron traendo das súas casas. Parabéns polo voso traballo, sodes uns e unhas artistas! 

Grazas a todas as familias pola colaboración!












2/9/21

E XA ESTAMOS EN 6º!

 O VINDEIRO DÍA 9 COMEZAREMOS AS CLASES.

ESTAMOS XA EN 6º!

SOMOS AS E OS MAIORES DO COLEXIO. CANTA RESPONSABILIDADE!

SEGURO QUE AS NOSAS MASCOTAS, COMO FIXERON TODOS OS CURSOS DENDE QUE COMEZAMOS NO COLEXIO, TERANNOS ESCRITO ALGO.

VÉMONOS AXIÑA!!

20/6/21

CÁPSULA DO TEMPO


          O alumnado de quinto participou, en colaboración co resto da escola, no soterramento dunha cápsula do tempo que non se abrirá ata dentro de cinco anos. Dentro desta cápsula están gardadas follas con información nosa destinadas para o noso "EU" do futuro. Como nesa época xa non estaremos no colexio, seremos convidados á súa apertura... e, así, poderemos lembrar quen somos agora, os nosos desexos e a nosa visión actual do mundo.


 

18/4/21

XORNALISTAS DE 5º

           En 5ºA e 5ºB temos alumnado que está a amosar dotes periodísticas; é por iso que elaboramos un sinxelo xornal coas aportacións destas rapazas e rapaces. 

           Botádelle unha ollada... quen sabe se algún día, algún deles ou delas poderá dedicarse ao periodismo!

           Parabéns a todas e a todos polo seu esforzo e interese!!!


10/4/21

 VISITA DE JORGE COSTAS AO COLE


    O pasado venres 9 de abril, tivemos a sorpresa de recibir no cole a visita do pontevedrés Jorge Costas, un xenio da animación en 3D.
 
    No anterior trimestre traballamos arreo o tema do cambio climático. Entre outras actividades traballamos coa curta "Efecto PO2", unha peza audiovisual cuxa animación en 3D foi feita precisamente por Jorge Costas.

    Os nenos e nenas de 5º agardaban impacientes coñecelo e facerlle unhas preguntiñas sobre a súa vida e obra, e en concreto sobre a curtametraxe "Efecto PO2", que tanto nos gustou por inspirarse na cidade de Pontevedra e sobre todo pola mensaxe que nos transmite a súa protagonista, unha nena con carácter, iniciativa e concienciada co cambio climático, ao igual que os nenos e nenas de 5º curso.




26/3/21

OBRADOIRO DE CONTOS

      As nenas e nenos de 5º de Primaria participamos na elaboración de contos en galego. A continuación, amosámosvos o resultado dalgúns dos nosos traballos. Todos estes contos xiran en torno a unha temática común, pero o argumento varía en función dos nosos intereses. 

    

      Agardamos que gocedes coa súa lectura. Esforzámonos moito!!!


22/3/21

INICIÁMONOS NO SCRATCH

      Scratch é unha linguaxe de programación creada para que todas e todos poidamos iniciarnos no mundo da programación. Serve para crear animacións, historias interactivas e xogos. Aproveitando que no segundo trimestre traballamos un proxecto sobre animais e que aprendemos a elaborar descricións dos mesmos nas materias lingüísticas, empregamos Scratch para facer unhas animacións moi chulas. Agardamos que vos gusten!



AS NOSAS PRAZAS

    Co gallo de celebrar o 8M,  Día Internacional da Muller,  no colexio decoramos os corredores con placas conmemorativas, homenaxeando a mulleres valentes que abriron o mundo  a tantas outras  na súa loita pola igualdade.

    As nenas e nenos de 5ºB adicámoslle unha praza á bióloga e investigadora apícola suíza Anna Maurizio.




     As nenas e nenos de 5ºA dedicámoslle unha praza á escritora e avogada galega Ledicia Costas. Neste lugar colocaremos as nosas reivindicacións para lograr un mundo mellor.


7/2/21

MENSAXES EN CONTRA DO CAMBIO CLIMÁTICO

         Este ano imos decorar as plumas de Vilaverdiño con mensaxes en contra do cambio climático. Aínda cando só podemos escoller unha mensaxe por clase, aquí vos amosamos máis ideas que xurdiron con respecto a este tema. Son todas moi interesantes... Ogallá nos poidan facer reflexionar e actuar xa!!!

 

3/2/21

UNHA TERRA COIDADA, UNHA TERRA EN PAZ

       Aquí tendes un vídeo con carteis e reflexións sobre o cambio climático e o coidado da Terra pola celebración do Día da Paz no noso colexio.

31/1/21

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

       Este venres celebramos o Día da Paz e analizamos a importancia do coidado do noso planeta para que teñamos paz. Fixemos uns carteis cuns slogans sobre esta temática e tamén gravamos uns audios reflexionando acerca destes aspectos. A continuación, podedes ver os nosos traballos. 

      Agardamos que vos gusten!








20/1/21

VISITA DE TERESA IRISARRI

    Hoxe visitounos a pintora viguesa Teresa Irisarri. Puidemos facerlle algunhas preguntas sobre a súa arte e amosarlle as nosas creacións de Nadal inspiradas na súa obra.

Moitas grazas, Teresa!!