15/5/19

CERTAME DE POESÍA 2019

Hoxe coñecemos as poesías gañadoras deste ano, creadas por todo o alumnado do colexio.
Lémoslles ao alumnado de cuarto as nosas tres gañadoras, e logo saímos ao patio a recitar a gañadora de cada aula e tamén para recoller o merecido premio!
Parabéns ás persoas premiadas e tamén ás demais polo esforzo.



EXPOSICIÓNS DE VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS NO 2º TRIMESRE

O alumnado traballou arreo para expoñer os temas que máis lle interesaban, practicando a oralidade e mellorando con cada unha que fan.



LINGUA DE SIGNOS

Resultado de imagen de lengua de signos  
Hoxe aprendemos unha nova lingua. Non era nin galego, nin inglés, nin sequera chinés. Era a lingua de signos!
Tivemos a sorte de contar cunha persoa que veu explicarnos como se manexa a diario con esta linguaxe e como é a vida dunha persoa con disfunción auditiva. Acompañábaa unha intérprete que nos facía máis doada a comprensión do que nos dicía, así como para poder facerlle preguntas.
 Quedamos abraiados e abraiadas de que os seres humanos poidamos comunicarnos tamén con xestos.
Por último, practicamos o alfabeto dactilolóxico e demos os nosos primeiros pasos nesta lingua aprendendo o noso propio nome.
Coñecer outras formas de vivir a vida fainos persoas máis comprensivas, respectuosas e tolerantes.


A PRACTICCAR LINGUA GALEGA!

Aquí nos vedes participando nunha xincana para conseguir unha clave que conseguira descifrar unha mensaxe.
Iso si, todo en galego e relacionada coa cultura e tradicións desta fermosa Galicia.