29/3/20

PROPOSTA ACTIVIDADES SEMANA 30 MAR - 3 ABR

Imos por outra semana. Xa queda menos. Moito ánimo!!!
Siempre "A tu lado" https://www.youtube.com/watch?v=3bjJ0EoWJ-s (Los secretos)

TRABALLO PROPOSTO PARA A SEMANA DO 30 MARZO AO 3 DE ABRIL
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
O soldadiño de chumbo. Ler e comprender (Actividades 1, 2, 3 e 4)
Receita (Instrucións abaixo)
O soldadiño de chumbo. Ler e comprender (Actividades 5, 6, 7 e 8)
Describe este lugar, utiliza adjetivos  y palabras como delante, detrás, a la izquierda, a la derecha, al fondo, enfrente, en el centro, al lado…
“Cámbiache o conto”. Segue  facendo o conto que empezaches a semana pasada. Hoxe podes facer a primeira parte do nó (nudo). Utiliza texto e imaxes.
Aprendemos a medir (páxinas 4, 5 e 7)
Fracciones. A. Actividades. (1,3,5 y 6)
Repaso y evaluación
1º trimestre. Repaso trimestral. Actividades 1,2,3,4 y 5
Fracciones. A. Actividades. (9,12,14 y 16)
Practica de la división. R. repaso (Actividades 1,2,3,4,5 y 6)
O soldadiño de chumbo. Determinantes posesivos (Actividades 2 e 4)
LIM Nomes e clases
Ortografía e vocabulario letra g
Repaso de determinantes e verbos (actividades 1, 5 e 7)
Ortografía G/J
Investigación ecosistemas: “ecosistemas acuáticos”

Elabora unha lista coas acción humanas que poden causar danos nos ecosistemas.
Actividade recursos TIC: Ecosistemas. Actividade 2: grandes ecosistemas.

Elixe un animal da páxina de animais e fai unha infografía como a do Oso Polar.
Elixe unha especie en perigo de extinción. Elabora un mural (con debuxos ou imaxes) onde expliques: causas e motivos da extinción, que se podería facer para evitar a súa desaparición.

Actividade recursos TIC: Ecosistemas Autoavaliación

Elixe unha noticia de EXPERTO ANIMAL e coas túas palabras fai un resumo da mesma.
Imaxina que pertences a unha asociación ecoloxista (que protexe os ecosistemas). Elabora un folleto emitido pola asociación onde se poda ver o nome, o logotipo ou lema, os obxectivos que vos propoñedes e as accións necesarias para conseguir eses obxectivos.
·      

26/3/20

CARTEIS ALUMNADO 4º










Vera

Uxía Casado

Hugo Currás

Iris Leiro

Olivia López

Sara Rodríguez

Ana Amoedo

Daniela Fernández

Alexandre Maquieira

Carla Vilar

Laura Feijóo

Pablo Vázquez

Ainara Jorge

                                                         

23/3/20

OUTRAS PROPOSTAS


SE PREMEDES EN DESCARGAR ATOPAREDES AS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA RELIXIÓN CATÓLICA DESCARGAR

PROPOSTA ACTIVIDADES SEMANAL (23-27 DE MARZO)


Aquí vos deixamos a proposta de actividades para esta semana. Non vos preocupedes se non as podedes facer todas ou se non sabedes facer algunha (anotádea e resolvémola na clase), non pasa nada. Todos estamos pasando uns días complicados e non queremos que aumente a vosa angustia. Pensamos que neste momento o máis importante é que vos sintades ben e se algún día non vos apetece facer estas actividades podedes substituílas por outras que vos apetezan máis (investigar sobre algo que vos interese, pintura, música, escritura, o que queirades). Non vos imos examinar por isto, aínda que si é importante que manteñades un hábito de traballo. 
Animávosmos a que nos enviedes unha foto, cartel ou o que se vos ocurra para compartir con todas as compañeiras e compañeiros. A dirección é a seguinte: infanvila@gmail.com.

Por outra banda, os fisoterapeutas que nos viñeran facer o taller de prevención de espalda elaboraron un vídeo coas principais pautas de hixiene postural, actividade física e prevención do sedentarismo. Este é o enlace de descarga: https://we.tl/t-UlDpeZTaH3
Está tamén nunha entrada do blog de Mascotilandia

Moito ánimo! 

VOLVEREMOS A JUNTARNOS https://www.youtube.com/watch?v=1SAs-HODB3o La Oreja de Van Gogh 

TRABALLO PROPOSTO PARA A SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Lectura comprensiva (Ejercicio 3)
Escribe un texto de al menos 6 líneas en el que expreses como te sientes en este momento (miedo, preocupación, otras emociones, deseos, dudas, preguntas…)
Lectura comprensiva (Ejercicio 4)
Lectura comprensiva (Ejercicio 5)
Aprendemos a medir (páxinas 2 e 3)
“Cámbiache o conto”. Cóntanos un conto coñecido cambiando o que ti queiras (personaxes, paisaxes, final do conto, etc.)
Vaino facendo pouco a pouco utilizando texto e imaxes (debuxos, recortes...) Hoxe fai a introdución.
LIM Mates: CEIP Manuel Fraga (4,5,6,10,12,13,14,15,16, 17,18,19,20)
Aprendemos a medir (páxinas 2 e 3)
LIM Mates: CEIP Manuel Fraga (21,22,23,31,32,33,34,35,37,37,38)
LIM Mates: CEIP Manuel Fraga (40,41,42,43,44,45,46,47)
Ortografía H (1-15)
Ortografía H (16-31)
Adxectivo
Ortografía LL
Ortografía Y
Investigación ecosistemas: “relacións alimentarias”.
Elaborar, con debuxos ou recortes de fotografías o ecosistema que queirades. Introducir plantas, animais e elementos do medio físico. Por último, trazar frechas que representen as relacións alimentarias entre os seres vivos.
Investigación ecosistemas: “bosque temperado”
LIM Os bosques
LIM Lobos
Investigación ecosistemas: “deserto frío” e “taiga”
LIM ecosistemas (21-30)


Investigación ecosistemas: “selva” e “sabana”
LIM ecosistemas (31-40)

Investigación ecosistemas: “deserto cálido”
LIM ecosistemas (41-55)


18/3/20

ACTIVIDADES INGLÉS

Tedes actividades no blog de inglés de 4º, 5º e 6º.

RECURSOS VARIADOS

Nesta entrada podedes atopar diferentes recursos (xogos, cancións, actividades con cores, etc.)

Cancións en inglés

Xogos de atención, percepción e memoria

Actividades con cores
Descarga PPT interactivo http://www.arasaac.org/materiales.php?id_material=84&product_id=cnV0YV9jZXN0bz16b25hX2Rlc2Nhcmdhcy9tYXRlcmlhbGVzLzg0L0xvc19jb2xvcmVzLnBwdA== . Como remata co arco da vella, pode facerse logo o debuxo do arco da vella do apartado “Coronavirus”.

Coronavirus
Debuxo do arco da vella  (http://www.arasaac.org/materiales.php?id_material=2288). Para imprimir, copiar ou editar con aplicacións como Paint.
Infografía Coronavirushttp://www.arasaac.org/materiales.php?id_material=2285. Para contar a modo de historia a situación na que nos atopamos.

17/3/20

Calendario matemático

Enlace ao calendario matemático que realizamos todos os días.

https://www.actiludis.com/2020/02/26/calendario-matematico-segundo-ciclo-marzo-2020/

UN POUCO DE ESTATÍSTICA


Outra actividade que vos propoñemos é facer un seguimento do coronavirus en Galicia. Podedes ir vendo a evolución dos contaxios completando esta gráfica. Se sabedes facela en excel podedes utilizalo (farémolo na clase de informática) e se non debuxádea e completádea (mellor en papel cuadriculado). Cada día que tedes nos datos marcaredes  na gráfica, xusto enriba da liña que indica o día, un punto no lugar que corresponda (tede en conta que o número vai de 50 en 50). Despois uniredes os puntos cunha liña, como a que figura na gráfica de cor azul.
Completade os datos que faltan seguindo a tele, prensa, internet (etc). Aproximade ás decenas. Por exemplo o día 16 de marzo o dato era de 192, polo que aproximamos a 190. O próximo dato que tedes que poñer na táboa e na gráfica é o do día 21. Estade atentos!


DATOS
DÍAS
Nº CONTAXIOS (Aprox.)
01-mar
0
06-mar
2
11-mar
40
16-mar
190
21-mar

26-mar

31-mar

05-abr

10-abr

15-abr

20-abr

25-abr