22/12/17

CELEBRACIÓN DO NADAL

NADAL 2017

Para o Nadal fixemos un mural, a Papá Noel, piñeiros decorados, un boneco de neve (Copito), comimos chocolate e rosca e vimos películas. Bo Nadal e feliz aninovo, un bico e unha aperta para todos e todas.

 

17/12/17

CELEBRANDO O SAMAÍN

No samaín fixemos: arañas, debuxos, un mural, un taller saudable con froita,  apócemas e conxuros,  pantasmas e esqueletes con globos, limos libros e ata comimos as castañas.


SAÍDA Á PANADERÍA PARA AUMENTAR INFORMACIÓN SOBRE PROFESIÓNS

Visitamos tamén unha panadería e aprendimos moitas cousas: como se coce o pan, como se fan as empanadas, vimos unha amasadora, preparamos a masa do milfollas... Moitas grazas por esta visita guiada.

 

SAÍDA AO INSTITUTO PARA SEGUIR INFORMÁNDONOS SOBRE AS PROFESIÓNS

Fomos de visita ao Instituto Frei Martín Sarmiento para finalizar o proxecto dos oficios. E vimos oficios como: enfermeiras e enfermeiros, peiteadores e peiteadoras, esteticiens, electricistas e torneiras e torneiros. Moitas grazas por esta visita guiada tan interesante.