11/3/19

8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Estes días andamos a traballar sobre o feminismo, do seu significado e da súa importancia para a sociedade en xeral. Decatámonos de que na nosa aula todas e todos somos feministas, porque consideramos que as mulleres e os homes temos os mesmos dereitos e deberes.
Para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora, falamos e informámonos, e puxemos en movemento as nosas manciñas para facer un corazón de papel violeta (cor da igualdade) coa técnica do origami. Para moitas e moitos, era a primeira vez nisto da papiroflexia, pero o resultado quedou así de chulo:






A SEMANA PASADA TAMÉN HOUBO PRESENTACIÓNS

Dúas persoas valentes atrevéronse a expoñernos cousas de interese xeral. Esta vez sobre cans e sobre altofalantes. Moi ben rapazada!

Preme na imaxe para velas

6/3/19

CORRESPONSABILIDADE NO FOGAR

XA SOMOS MAIORES E TEMOS QUE REFLEXIONAR SOBRE A IMPORTANCIA DE COLABORAR NAS TAREFAS DA CASA.
PARA LOGRAR A IGUALDADE É NECESARIA A CORRESPONSABILIDADE.
TEMOS CONTOS, VÍDEOS E XOGOS PARA AXUDARNOS A DECATARNOS DA IMPORTANCIA DUNHA COLABORACIÓN E REPARTO DE TAREFAS.


Resultado de imagen de REPARTO TAREAS HOGAR

1/3/19

Pero... como elaboramos o noso disfrace?

Este ano a temática foi "A Revolución", e nós andamos estudando fontes de enerxía. Coñecemos varias, e entre elas a enerxía solar.
O primeiro que fixemos foi deseñar os paneis solares, que tamén sabemos que se chaman células fotovoltaicas. Empregamos regra para medir e facer os cadradiños ben dereitiños.
Para que estes paneis funcionen, precisan luz solar, e nós representámola cunha coroa dun sol na nosa cabeciña.
Pero sen dúbida, a obra máis salientable é a nosa camiseta, que nos queda para o recordo.
Que como a fixemos? Non perdades detalle...
Primeiro recortamos os continentes e pegámolos axeitadamente. Logo, con pintura azul mollando nunha esponxa, fumos enchendo os nosos océanos de cor, primeiro pola parte do peito, e logo de secar, pola parte das costas.









Ao día seguinte, estando os océanos preparados, retiramos as pegatinas:


Queda en branco, pero mellor encher o mundo do verdor que tamén o caracteriza:














E unha vez secas... aquí temos 26 lembranzas:



Festa do Entroido 2019

Por fin chegou o día da celebración do Entroido no colexio. Hora de amosar os nosos laboriosos disfraces pero... antes de baixar ao patio a celebralo, puxemos a proba os nosos coñecementos sobre a cultura e tradición galega relacionada con esta festividade, que estivemos estudando ao longo destes días. Fixémolo dun xeito tan divertido, que nos custou querer baixar ao patio. Seriades quen de dar con todas as respostas correctas?












Agora si, toca posar para que nos quede a foto para o recordo:




E baixamos a ver os disfraces dos demais e a amosar o noso:










E logo da degustación de produtos típicos destas datas, sorteouse a cesta e para clausurar o acto despedímonos de Vilaverdiño ata o vindeiro ano!