18/12/20

A IMAXINACIÓN NO CEO

    As contelacións son grupos de estrelas que evocan a figura dun animal, un ser mitolóxico ou algún obxecto inanimado. Os rapaces e as rapazas de 5º investigaron sobre o seu nome, características e a mitoloxía asociada a cada nome. Tamén representaron con diversos materiais cada unha das constelacións, empregando a súa imaxinación e creatividade. Bo traballo! 

8/12/20

ENTRE MAQUETAS

    Dende o ámbito científico matemático e traballando o proxecto deste curso escolar "Viaxas comigo polo Universo?", os rapaces e rapazas de 5º de primaria elaboraron diferentes maquetas. Todos e todas deron renda solta á súa imaxinación e enxeño. Bo traballo!!

O SISTEMA SOLAR 5ºB 

 AS FASES DA LÚA 5º A 

5/12/20

TRABALLOS DÍA DA PALABRA

       Este ano, con motivo da celebración do Día da Palabra o 23 de novembro, Lampi agasallounos con varias palabras que nos fixeran reflexionar (e moito): sentidiño, coidado, corresponsabilidade, participación, igualdade... Xa que nós participamos no programa de innovación educativa "Club de Letras" durante o presente curso escolar, desde o ámbito lingüístico acordamos facer unha actividade artística e creativa sobre a palabra ou palabras que máis nos interesaron. 

      Aquí podedes ver os traballos do alumnado de 5ºA e de 5ºB: