20/10/18

CHEGOU ANTÍO

Tal como vos dixemos antes, chegou Antío esta semana ao colexio.
Iso é porque sabe que pronto faremos o Magosto.
Como lle gustan tanto as castañas, este ano chegou antes coa intención de que lle recollamos receitas sobre castañas. Díxonolo nunha carta.

Que larpeiro é!
Tamén quere que fagamos carteis para anunciar o Magosto, seguro que é porque non quere esquecer a data!

16/10/18

NOVAS EXPOSICIÓNS ORAIS...


Hoxe chegou Antío ao cole, o outono segue avanzando e o San Martiño estase achegando. Por iso foi moi apropiada a exposición sobre o porco, xa que aprendemos moitas cousas. Parabéns!



10/10/18

E SEGUIMOS APRENDENDO SOBRE AS VELUTINAS

A biblioteca é un lugar máxico no que se agocha moita sabiduría, en forma de libros e outros recursos. Hoxe o alumnado de terceiro empregouna para seguir aprendendo, como non, sobre o seu proxecto das velutinas.
Estamos a converternos en auténticas expertas e expertos, pero non nos rendemos!
Moitas das cousas que se falaron xa as sabiamos, pero outras moitas serviron para coñecer máis a fondo estes insectos.


4/10/18

COMEZAN AS EXPOSICIÓNS ORAIS VOLUNTARIAS

Ás nosas mascotas encántalles as exposicións, xa sexan individuais ou grupais. Por iso, organizamos unha hora semanal para facer este tipo de traballos voluntarios, de temática libre.
Ademais, as persoas que escoitamos temos que estar moi moi atentas para cubrir a rúbrica de avaliación, porque así aprendemos a valorar o esforzo de todas e todos.

Aquí temos algunhas fotos do que nos presentou unha alumna de 3ºB. Parabéns!
Quen será a próxima ou o próximo valente?

1/10/18

O NOSO PROXECTO: AS VELUTINAS

Estamos a traballar ao redor dun proxecto.
Recollemos o que sabemos sobre as velutinas e imos investigar sobre as dúbidas.
Queredes axudarnos?