23/2/22

 23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

    Estes días, en cada unha das titorías, o alumnado de 6º estivo a traballar algún poema de Rosalía de Castro. Analizou a temática de cada un deles e o significado que tivo para a poetisa galega, defensora da nosa lingua. Logo, relacionou cada un dos poemas cunha pintura, buscando cadros de pintores galegos como Luís Seoane, Arturo Souto e algún internacional como Edvard Munch e Constance Marie Charpentier.   


"UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO"
Follas Novas

9/2/22

 DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Co gallo desta celebración convertémonos en científicas e científicos. Amosámosvos os nosos experimentos realizados con moita arte. 

Agardamos que vos gusten!