29/5/20

ALIMÉNTATE BEN (II PARTE)

Aquí vos deixamos os menús saudables que preparou o alumnado de 4º. 

Coincidiron na necesidade de inxerir todos os nutrientes necesarios para unha dieta sana e equilibrada: vitaminas, proteínas, minerais, carbohidratos..., así se reflicte nos menús semanais e nas fotos que nos envían. 

Tamén elaboraron alimentos e menús con plastilina caseira.





Neste vídeo podemos ver a Dani preparando unha receita saudable: revolto de espárragos verdes. Parabéns!!!




Finalmente deixamos alimentos e menús feitos con plastilina caseira


28/5/20

CARTAS DE AGRADECEMENTO


Gracias Galego Sticker by Boavista Collective
Neste tempo que estivemos confinadas e confinados, aprendemos que hai moitos traballos e profesións que son imprescindibles para que poidamos sobrevivir.

Estando ao noso carón, moitas veces non nos decatabamos do importantes que son. Por iso o alumnado de 4º quere compartir con vós estas cartas de agradecemento, por facernos neses días tan complicados unha vida máis fácil.



25/5/20

CON 5 SENTIDOS

Por que somos capaces de saborear un prato delicioso, percibir o olor das flores, captar a temperatura, escoitar sons ou ver o que ocorre ao outro lado da ventá? Todo isto sería imposible sen os nosos sentidos, grazas a eles relacionámonos co mundo exterior. Todos son importantes porque cada un deles capta dunha maneira o que sucede ao noso arredor e transmite a información ao cerebro. Imos aprender un pouco máis sobre eles: consultaremos información, veremos vídeos, faremos experimentos e tamén unha “caixa dos sentidos”.

A proposta de nova actividade en colaboración alumnado/familia ten que ver coas saídas á rúa tralo confinamento. A idea é que contedes mediante un debuxo, cómic ou calquera expresión plástica os vosos sentimentos e emocións nesta situación de nova normalidade.

O tema desta semana converteuse nun himno hai 20 anos. Estes días, unha nova versión de “Color esperanza”, na que colaboran moitos artistas, transmítenos unha alentadora mensaxe. Hoxe comeza a fase 2 en Galicia e xa queda menos para abrazarnos. Moito ánimo!
  
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Calendario matemático

Análise morfolóxica: "Los seres humanos tenemos cinco sentidos."
Calendario matemático

Actividade 1: División por 2 cifras
Calendario matemático


Calendario matemático

Calendario matemático
Ler algunha páxina de consulta e ver algún vídeo.

Pensar como ides facer a nosa “caixa dos sentidos”.
Ler algunha páxina de consulta e ver algún vídeo.

Empezar a deseñar a caixa: como a ides decorar, como a ides  organizar, que obxectos ides meter…
Ler algunha páxina de consulta e ver algún vídeo.

Empezar a facer a caixa dos sentidos
Actividade 2: O olfacto dos animais
(Ver abaixo)

Facer algún dos experimentos propostos e realizar foto ou vídeo.
Rematar a caixa dos sentidos e enviar foto.
INGLÉS: Visitade o blog, tedes aí as actividades e uns vídeos moi chulos de Uxía A. e Olivia. Para mandar actividades de inglés mourenteenglish@gmail.com
MÚSICA: Lola déixavos estas dúas propostas musicais "Mamá cabra"  e "A horta de Balbina" para que vos animedes a montar unha sinxela coreografía para a parte do retrouso dunha delas. Para mandar actividades de música musicavilaverde@gmail.com
EDUCACIÓN FÍSICA: A profe propón que fagades un xogo moi divertido para coñecer máis sobre os sentidos e 4 xogos para que comprobedes como andades de vista, tacto, oído e olfacto. Animádevos a facelos e enviade algunha foto. Para mandar actividades infanvila@gmail.com
RELIXIÓN/VALORES: Proposta. Para mandar actividades de relixión católica relivilaverde@gmail.com


- CALENDARIO MATEMÁTICO: Aquí vos deixamos as solucións ao calendario matemático da semana pasada. Continuade, https://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2020/04/CALENDARIO_MATEM%C3%81TICO_-CUARTO_2020.pdf (Ao final da semana enviaremos solucións para que poidades corrixir).  
- ANÁLISE MORFOLÓXICA. Analizade as palabras da oración que está escrita en color vermello, como faciamos na clase. Coñecedes moitas clases de palabras: artigos, posesivos, verbos, preposicións, substantivos, numerais… Recordade que se é un nome temos que especificar se é común/propio, feminino/masculino, singular/plural, concreto/abstracto, individual/colectivo. Solución 
- CAIXA DOS SENTIDOS: Para realizar a caixa dos sentidos tedes que decorar unha caixa calquera (poñede en funcionamento a vosa creatividade) e meter obxectos que estimulen cada un dos sentidos: vista, olfacto, oído, gusto e tacto. Tamén podedes facelo con 5 caixas, unha por cada sentido. Aquí tedes varios exemplos.
-ACTIVIDADE 1: Entra en Repaso Trimestral, Actividade 1 e elixe dúas contas para facer  http://pdi.vicensvives.com/pdi/matematicas4/program/index.html#/qsap?l=550&t=92773
- ACTIVIDADE 2:  Os seres humanos non temos un olfacto tan fino como moitos animais. Investigade en internet cales destacan polo seu olfacto e conta algunha curiosidade sobre isto. 

- PÁXINAS WEB CONSULTA:
OS SENTIDOS: 
O SENTIDO DO GUSTO VAI CAMBIANDO COA IDADE?:
MITOS SOBRE O TEU CORPO DESMONTADOS POLA CIENCIA: 
PERDA TEMPORAL DOS SENTIDOS POLO CORONAVIRUS:

VÍDEOS:

- EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS:
OS SENTIDOS RECOÑECEN OS ALIMENTOS: OLFACTO, TACTO, GUSTO



24/5/20

XXVIII CERTAME POESÍA


Aquí vos deixamos algúns dos poemas de 4º de EP que participaron no XXVIII Certame de Poesía que o noso cole celebra todos os anos co gallo do día das Letras Galegas.
Este ano foi moi especial, xa que participaron desde as súas casas.


17/5/20

ALIMÉNTATE BEN

Esta semana imos dedicala á saúde e a alimentación. Consultaremos diferente documentación para poder elaborar cada día da semana (de luns a venres) un MENÚ SAUDABLE.

A actividade de colaboración coas familias proposta consiste en escribir unha "carta de agradecemento" as persoas que estiveron coidando de que o resto da xente se sentise ben e que tivese o necesario (policías, gardas civís, sanitarias e sanitarios, limpadoras e limpadores, persoal do supermercado, asesores e asesoras laborais, agricultores e agriculturas...)

De novo, o tema desta semana será un rock galego, un dos máis escoitados no mítico programa da galega "Xabarín Club": "QUERO XAMÓN".

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Calendario matemático

Análise morfolóxica: “O alumnado de cuarto curso consome froita fresca”.
Calendario matemático

Actividade: Envasado de alimentos (Ver abaixo)
Calendario matemático

Problema con información nutritiva de alimentos (Ver abaixo)
Calendario matemático

Conta nunha pequena redacción cal é a túa comida favorita e se consideras se é saudable ou non.
Calendario matemático
Menú saudable luns
Menú saudable martes
Menú saudable mércores
Menú saudable xoves
Menú saudable venres e enviar tarefa ao correo

Elaborar alimentos con plastilina caseira













-
- ANÁLISE MORFOLÓXICA. Analizade as palabras da oración que está escrita en color vermello, como faciamos na clase. Coñecedes moitas clases de palabras: artigos, posesivos, verbos, preposicións, substantivos, numerais… Recordade que se é un nome temos que especificar se é común/propio, feminino/masculino, singular/plural, concreto/abstracto, individual/colectivo. Corrección análise
- ACTIVIDADE ENVASADO DE ALIMENTOS: Elixe dous alimentos envasados que teñas na túa casa. Observa o envase e responde: Que alimento é ? Que tipo de envase é? Leva información sobre os seus nutrientes? Que nutrientes ten? Localiza a data de caducidade ou de consumo preferente. Descubre en que se diferencian estes termos.
- PROBLEMA INFORMACIÓN NUTRITIVA: Colle un envase de arroz ou de pasta e mira a información nutricional. Fíxate na cantidade hidratos de carbono, de proteínas e de graxas que figura no envase por cada 100 g e anótao. Calcula a cantidade de hidratos de carbono, proteínas e graxas que nos aporta 1 kg de arroz ou de pasta. Solución problema
- ACTIVIDADE: ELABORACIÓN DE UN MENÚ SEMANAL SAUDABLE
Podédelo facer en papel ou en calquera aplicación informática, en Word insertando unha táboa, en Excel…e podedes decoralo con algunha imaxe ou debuxo. Aquí tedes algúns exemplos.

- PÁXINAS WEB CONSULTA:

-CALENDARIO MATEMÁTICO: Aquí vos deixamos as solucións ao calendario matemático da semana pasada. Continuade, mirade estas aclaracións antes de facelo https://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2020/04/CALENDARIO_MATEM%C3%81TICO_-CUARTO_2020.pdf (Ao final da semana enviaremos solucións para que poidades corrixir). 

 PLASTILINA CASEIRA

-INGLÉS: Visitade o blog. Para mandar actividades de inglés mourenteenglish@gmail.com
-MÚSICA: Lola déixavos estas dúas propostas musicais https://www.youtube.com/watch?v=mhXxaHD208Y&feature=youtu.be e https://www.youtube.com/watch?v=OptIu0jyiIE para que vos animedes a montar unha sinxela coreografía para a parte do retrouso dunha delas. Teredes tamén a semana que vén para facela.
Visitade o blog. Para mandar actividades de música musicavilaverde@gmail.com
-EDUCACIÓN FÍSICA: Visitade o blog. Para mandar actividades infanvila@gmail.com
-RELIXIÓN/VALORES: Proposta. Para mandar actividades de relixión católica relivilaverde@gmail.com

16/5/20

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Este ano 2020, no día das Letras Galegas, recordamos a Ricardo Carvalho Calero. Durante toda a semana estivemos traballando con actividades e propostas sobre este autor e profesor ferrolán. 


Aquí deixamos unha pequena homenaxe do alumnado de 4º. Feliz día das letras galegas!




15/5/20

DÍA DAS FAMILIAS

Hoxe, 15 de maio celebramos o Día Internacional das Familias e queremos felicitarvos, de todo corazón, polo ben que estades a acompañar ás vosas fillas e as vosos fillos nestes días tan complicados que nos tocou vivir. Parabéns polo voso traballo, polo voso esforzo, polo voso cariño..., porque sempre estades aí!



Deixamos tamén esta versión, a ver se recoñecedes a voz. Pensade un pouquiño...

14/5/20

UNHA VIAXE POR EUROPA


O día de Europa celebra cada 9 de maio a paz e a unidade do continente. Este ano conmemorouse o 70 aniversario da declaración de Schuman (París, 1950) que sentou as bases para a creación da actual UE. Con tal motivo fixemos unha viaxe por Europa, tanto no espazo, elaborando folletos turísticos dos países que forman a UE; coma no tempo, realizando unha liña do tempo na que se reflicten os principais acontecementos ocorridos na UE durante estes anos.



VIAXE NO ESPAZO


VIAXE NO TEMPO

10/5/20

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Esta semana estará dedicada ás "Letras Galegas", aínda que o día da súa celebración sexa, concretamente, o 17 de maio. As actividades propostas podedes velas ao premer sobre cada día do calendario. Cando remate a semana escollede unha ou dúas actividades que fixestes e enviádeas ao correo.

O mércores temos unha actividade que consiste en realizar un mapa mental sobre as pitas e os galos, aquí tedes algún exemplo por se non vos acordades. Do audioconto de "As pitas baixo a choiva" non imos repartir fragmentos para gravalos; o que ides facer é escoitar a historia do conto e o audioconto do profesorado. Despois, coas vosas palabras, contarédesllo a alguén da familia.


Por outra banda, xa ten tradición no noso cole o Certame de poesía das Letras Galegas, este ano é o XXVIII e non imos renunciar a continuar, aínda que debamos adaptar as circunstancias, verdade? A idea é que participedes en colaboración coas familias. Coma todos os anos, haberá un diploma para os mellores.

Aquí vos deixamos as solucións do calendario matemático. Continuade co desta semana (ao final da mesma volveremos a deixar as solucións). https://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2020/04/CALENDARIO_MATEM%C3%81TICO_-CUARTO_2020.pdf 

O tema desta semana é do grupo de rock Dakidarría e titúlase "TERRA". Deixamos a versión karaoke para que poidades ver a letra e cantar. Mirade que mensaxe máis bonita nos manda: "Camiñar e facer camiño, escoitar, aprender e compartir".

Recordade visitar os blogs das especialidades: Inglés, Música e Educación Física.

5/5/20

ACTIVIDADES PROPOSTAS DO 4 AO 8 DE MAIO


Despois destes días de descanso xa estamos de volta. O día 9 de maio celébrase o aniversario dun día clave para comezar a construír a Unión Europea (UE). De aí que esta semana nos vaiamos dedicar a coñecer un pouco máis o noso continente.

Seguimos coa actividade de colaboración coas familias. Recordade que se trataría de facer un relato curto con ilustración (máximo un folio), partindo dun anaquiño da obra “Contos por teléfono” de Rodari.

Recordamos que se queredes envíar algunha actividade, debedes facelo na dirección de correo: infanvila@gmail.com e non esquezades visitar os blogs das distintas especialidades: música, inglés, e. física, STEM, dinamización lingüística... que tedes nun gadget na parte superior esquerda do noso blog.

Esta semana dedícavos esta versión de "Te regalo" unha cantante que vos gusta moito. Mándavos moitos bicos e promete visita en canto se poida.

MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Calendario matemático (días 1, 2, 3)

Análise morfolóxica: A cidadanía unificará Europa.
Calendario matemático
(días 4, 5, 6)
Calendario matemático
(días 7, 8)

Calendario matemático
(días 9, 10)
Imos comezar coa Liña do Tempo: ler as páxinas de consulta, ver os vídeos e anotar as datas e acontecementos máis importantes.
Elaborar a liña do tempo e situar os acontecementos anotados (ver instrucións abaixo)
Elaborar un “folleto turístico” do país da UE que elixas.
Rematar o folleto, revisar e enviar por correo, xunto coa liña do tempo









-ANÁLISE MORFOLÓXICA. Analizade as palabras da oración que está escrita en color vermello, como faciamos na clase. Coñecedes moitas clases de palabras: artigos, posesivos, verbos, preposicións, substantivos... Recordade que se é un nome temos que especificar se é común/propio, feminino/masculino, singular/plural, concreto/abstracto, individual/colectivo. Corrección análise morfolóxica.

-ACTIVIDADE: “VIAXANDO POR EUROPA”
Cada 9 de maio Europa celebra a paz e a unidade do continente. A data corresponde co aniversario da declaración de Schuman pronunciada en París en 1950, que propoñía a cooperación entre os países europeos para evitar un novo conflito bélico entre eles, tralo desastre ocasionado pola II Guerra Mundial. Esta proposta de Schuman considérase o comezo do que é hoxe a Unión Europea.
Esta semana polo tanto celébrase o aniversario deste acontecemento. Por iso imos traballar sobre este tema. Aquí vos deixamos información para consultar e realizar unha liña do tempo cos acontecementos máis importantes desde  a súa orixe ata a actualidade e un folleto turístico do país que elixades.

PÁXINAS WEB CONSULTA:
-Línea cronolóxica (Navegar no tempo): https://europa.eu/learning-corner/eu-timeline/overview_es
VÍDEOS:
XOGOS:
-Vamos explorar Europa https://europa.eu/learning-corner/lets-explore-europe_es (Podemos xogar sós ou coa familia)

LIÑA DO TEMPO DA UE:
Para elaborar a Liña do Tempo (en papel, word, power point, ou calquera programa axeitado), seguiremos os seguintes pasos:
1. Visita as páxinas de consulta e os vídeos.
2. Identifica os acontecementos e as datas máis importantes e anótaos.
3. Elabora a liña do tempo, respectando a proporción matemática na representación gráfica. Por exemplo, 1 cm equivale a 5 anos.
4. Coloca as frechas nas datas que corresponda e, despois, os datos de maneira moi resumida (fíxate no vídeo “Creación da UE)
6. Tamén podes agregar imaxes para complementar.

FOLLETO TURÍSTICO:
Escolle un país da UE y elabora un folleto turístico (en papel, word, power point...) que debe conter texto e imaxes (tedes moitos exemplos en internet):
1. Información xeral: Capital, idiomas, nº habitantes, hora oficial, moeda.
2. Que ver, que facer?: Monumentos, edificios destacados, museos, parques e xardíns…
3. Como chegar?: Medios de transporte que podo utilizar para chegar a ese país
4. Compras: Produtos típicos
5. Comidas: Pratos típicos e bebidas típicas.
6. Visitas e excursións: Propón actividades para unha xornada (2 ou 3 visitas ou excursións). Pon prezo a cada unha (en € e cts.). Elabora unha oferta para unha familia como a túa. Ten en conta que o prezo das entradas para menores de idade é a metade do prezo das entradas das persoas adultas.

-CALENDARIO MATEMÁTICO: calendario matemático do mes de maio, https://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2020/04/CALENDARIO_MATEM%C3%81TICO_-CUARTO_2020.pdf (Ao final da semana enviaremos solucións para que poidades corrixir).
-INGLÉS: Visitade o blog

-MÚSICA: Escoitade o himno da UE e investigade quen é o autor. 

Visitade o blog. Hai unha actividade de Regueifas, está destinada a 5º e 6º, pero pensamos que sodes musicalmente moi creativos e poderiades participar tamén. 

-EDUCACIÓN FÍSICA: Visitade o blog

-RELIXIÓN/VALORES: Proposta