20/12/19

Máis de Alexandra


Visita de Alexandra Pérez

O venres 13 tivemos a gran sorte de que nos visitara a artista Alexandra Pérez.
Propúxonos un taller de igualdade co que reforzamos coñecementos traballados ao longo da semana. E para rematar gozamos dunha sesión de música en directo.
Pasámolo xenial.

Gracias Alexandra!!!!!!

Traballando co scratch

Un día á semana visitamos a aula de informática para traballar con diferentes programas. Estas últimas semanas dedicámolo á programación co scratch. Deseñamos unhas postais de nadal do máis divertidas. Gústanvos?











Comezamos coas exposicións en 4º

Co gallo das nosas investigacións, sobre as viaxes, o alumnado realizou algunhas exposicións compartindo os seus coñecementos: globo aerostático, avións, coches de alta gama, tranvía, submarinos, motos de competición,etc.
Que interesante!




21/11/19

19/11/19

Efecto PO2

Vimos de participar na campaña "efecto PO2" que organiza o Concello de Pontevedra na súa implicación contra o cambio climático. Plasmamos en telas ecolóxicas as nosas propostas para facer desta cidade un lugar máis sostible e máis inclusivo. Aquí tedes unha mostra da nosa intervención, que xunto ás doutros coles de Pontevedra, estará exposta nos vindeiros días no parque de As Palmeiras.







16/11/19

Exposición de amuletos

Este ano polo Samaín fixemos uns amuletos para protexernos dos nosos medos. Están expostos no corredor de acceso ás aulas de 1° e 2°. Convidámosvos a visitar esta exposición o próximo martes, día 19, de 16:00 a 19:00 h. Aquí vi un adianto do que podedes atopar. Esperamos que vos guste!




28/10/19

As viaxes

O alumnado de 4º estamos a traballar sobre o noso proxecto "As viaxes".
 Temos moitas ganas de percorrer mundo, canto máis lonxe mellor e para emprender a nosa viaxe  necesitamos empregar os diferentes medios de transporte que temos ao noso alcance.Como somos moi curiosos o primeiro que fixemos é investigar como funcionan esas máquinas que permiten que nos  despracemos máis rápido.Par isto tivemos unhas sesión de LEGOS  e construímos as nosa propias máquinas simples e compostas para comprender mellor o estudado.
Aquí tendes unha mostra do que argallamos.