19/11/17

COMEZA O PROXECTO "Da casa á escola"

Rematamos o proxecto dos "Oficios e profesións" coa visita ao IES Frei Martín Sarmiento para ver os oficios de peluquería, estética, electrónica, mecánica e auxiliar de enfermería, ademais de facer o obradoiro de panadeiros e panadeiras na Panadería Acuña.

E para finalizar o ano damos comezo a un novo proxecto: "Da casa á escola". Onde imos traballar as zonas e rúas dos nosos lugares de residencia, así como tamén traballaremos con planos, enviaremos unha carta ao alcalde, veremos e traballaremos a película documental "Camino a la escuela" de Pascal Plisson, etc... 

Seguiremos como sempre pedindo a colaboración das familias que é sempre imprescindible para unha boa ensinanza-aprendizaxe do noso alumnado. Un saudo e ánimo.
 Resultado de imagen de titulo camino a la escuela

No hay comentarios:

Publicar un comentario