Hoxe aprendemos unha nova lingua. Non era nin galego, nin inglés, nin sequera chinés. Era a lingua de signos!
Tivemos a sorte de contar cunha persoa que veu explicarnos como se manexa a diario con esta linguaxe e como é a vida dunha persoa con disfunción auditiva. Acompañábaa unha intérprete que nos facía máis doada a comprensión do que nos dicía, así como para poder facerlle preguntas.
Quedamos abraiados e abraiadas de que os seres humanos poidamos comunicarnos tamén con xestos.
Por último, practicamos o alfabeto dactilolóxico e demos os nosos primeiros pasos nesta lingua aprendendo o noso propio nome.
Coñecer outras formas de vivir a vida fainos persoas máis comprensivas, respectuosas e tolerantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario