23/3/20

PROPOSTA ACTIVIDADES SEMANAL (23-27 DE MARZO)


Aquí vos deixamos a proposta de actividades para esta semana. Non vos preocupedes se non as podedes facer todas ou se non sabedes facer algunha (anotádea e resolvémola na clase), non pasa nada. Todos estamos pasando uns días complicados e non queremos que aumente a vosa angustia. Pensamos que neste momento o máis importante é que vos sintades ben e se algún día non vos apetece facer estas actividades podedes substituílas por outras que vos apetezan máis (investigar sobre algo que vos interese, pintura, música, escritura, o que queirades). Non vos imos examinar por isto, aínda que si é importante que manteñades un hábito de traballo. 
Animávosmos a que nos enviedes unha foto, cartel ou o que se vos ocurra para compartir con todas as compañeiras e compañeiros. A dirección é a seguinte: infanvila@gmail.com.

Por outra banda, os fisoterapeutas que nos viñeran facer o taller de prevención de espalda elaboraron un vídeo coas principais pautas de hixiene postural, actividade física e prevención do sedentarismo. Este é o enlace de descarga: https://we.tl/t-UlDpeZTaH3
Está tamén nunha entrada do blog de Mascotilandia

Moito ánimo! 

VOLVEREMOS A JUNTARNOS https://www.youtube.com/watch?v=1SAs-HODB3o La Oreja de Van Gogh 

TRABALLO PROPOSTO PARA A SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Lectura comprensiva (Ejercicio 3)
Escribe un texto de al menos 6 líneas en el que expreses como te sientes en este momento (miedo, preocupación, otras emociones, deseos, dudas, preguntas…)
Lectura comprensiva (Ejercicio 4)
Lectura comprensiva (Ejercicio 5)
Aprendemos a medir (páxinas 2 e 3)
“Cámbiache o conto”. Cóntanos un conto coñecido cambiando o que ti queiras (personaxes, paisaxes, final do conto, etc.)
Vaino facendo pouco a pouco utilizando texto e imaxes (debuxos, recortes...) Hoxe fai a introdución.
LIM Mates: CEIP Manuel Fraga (4,5,6,10,12,13,14,15,16, 17,18,19,20)
Aprendemos a medir (páxinas 2 e 3)
LIM Mates: CEIP Manuel Fraga (21,22,23,31,32,33,34,35,37,37,38)
LIM Mates: CEIP Manuel Fraga (40,41,42,43,44,45,46,47)
Ortografía H (1-15)
Ortografía H (16-31)
Adxectivo
Ortografía LL
Ortografía Y
Investigación ecosistemas: “relacións alimentarias”.
Elaborar, con debuxos ou recortes de fotografías o ecosistema que queirades. Introducir plantas, animais e elementos do medio físico. Por último, trazar frechas que representen as relacións alimentarias entre os seres vivos.
Investigación ecosistemas: “bosque temperado”
LIM Os bosques
LIM Lobos
Investigación ecosistemas: “deserto frío” e “taiga”
LIM ecosistemas (21-30)


Investigación ecosistemas: “selva” e “sabana”
LIM ecosistemas (31-40)

Investigación ecosistemas: “deserto cálido”
LIM ecosistemas (41-55)


No hay comentarios:

Publicar un comentario