1/6/20

A HORA DA NATUREZA

Esta semana vén marcada por unha efeméride importante, o Día Mundial do Medio Ambiente. Desde 1974, o 5 de xuño, converteuse nunha plataforma que reúne a gobernos, empresas e cidadáns para inspirar un cambio positivo na natureza. Este ano está dedicado a biodiversidade. Sucesos recentes como os incendios forestais en Brasil, California e Australia e agora a pandemia do COVID-19, demostran a relación tan estreita entre os humanos e as redes de vida nas que vivimos. Estamos nun momento excepcional no que a natureza nos envía unha mensaxe: “Para coidar de nós mesmos, primeiro debemos coidar dela”.



LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
Calendario matemático

Análise morfolóxica: "Os activistas medioambientais defenden o noso planeta". 
Calendario matemático

División por 2 cifras
Calendario matemático

Calendario matemático

Calendario matemático

Facer unha proposta ao Alcalde de Pontevedra para mellorar algo da cidade.
(Mandar foto)
Escoitar 2 contos da diapositiva 16 da presentación "Día do medio ambiente" (ver abaixo).


Elixe a noticia  de National Geographic     sobre biodiversidade que máis che impacte e cóntaa coas túas propias palabras. (ver abaixo)
Ler diapositiva 17 da Presentación e facer preguntas compresión lectora.



Pensar nun instrumento ou xoguete realizado con material reciclado. (Ver exemplos abaixo)
Diapositiva 19 da Presentación "Día do medio ambiente".




Deseñar e comezar o xoguete ou instrumento 
Lectura e realización dalgúns xogos e pasatempos: “El planeta azul. Think blue” (Ver abaixo)
Rematar o xoguete ou instrumento e enviar foto por correo.

INGLÉS: Visitade o blog. Para mandar actividades de inglés mourenteenglish@gmail.com
MÚSICA:  Este venres, 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente. Para tomar conciencia de como deberiamos tratar ao mundo para un próspero futuro, propóñovos este tema do grupo Maná "¿Dónde jugarán los niños".  Esta semana non hai que entregar actividades pero recordade que se tedes algo de música pendiente podedes envialo a musicavilaverde@gmail.com
EDUCACIÓN FÍSICA: A proposta de Mónica sobre o medio ambiente vai de xogos con materiais reciclados. Para mandar actividades infanvila@gmail.com
RELIXIÓN/VALORES: Proposta. Para mandar actividades de relixión católica relivilaverde@gmail.com



































































- CALENDARIO MATEMÁTICO: Aquí vos deixamos as solucións ao calendario matemático da semana pasada. Empezamos co novo calendario de Xuño, recordade as expresión en forma complexa (Ao final da semana enviaremos solucións para que poidades corrixir). 
- ANÁLISE MORFOLÓXICA. Analizade as palabras da oración que está escrita en color vermello, como faciamos na clase. Coñecedes moitas clases de palabras: artigos, posesivos, verbos, preposicións, substantivos, numerais… Recordade que se é un nome temos que especificar se é común/propio, feminino/masculino, singular/plural, concreto/abstracto, individual/colectivo. Solución análise.
- PRESENTACIÓN "Día do medio ambiente" aquí tedes actividades, contos, propostas para investigación etc.
- NATIONAL GEOGRAPHIC ofrécenos un amplo reportaxe sobre diversidade.
DIVISIÓN 2 CIFRAS: Entra en Repaso Trimestral, Actividade 1 e elixe outras dúas contas para facer  http://pdi.vicensvives.com/pdi/matematicas4/program/index.html#/qsap?l=550&t=92773
- Exemplos de XOGUETES E INTRUMENTOS con material reciclado.
- LECTURA:  "El planeta azul. Think blue", con actividades, xogos e pasatempos divertidos.

OUTRAS PROPOSTAS:
- Na páxina do CSIC tedes xogos, experimentos e aplicacións sobre diversidade moi interesantes.
- GENIALLY Proposta optativa: "Salvar o mundo depende de ti": A vacina. A ver se sodes capaces de conseguir este reto. Podemos axudarnos uns aos outros no faladoiro. Ánimo e a por todas! Moitas pistas

PROPOSTAS MUSICAIS:

- No blog da biblioteca hai un enlace con títulos de libros de interese para esta temática.

No hay comentarios:

Publicar un comentario