VISITA DE JORGE COSTAS AO COLE
O pasado venres 9 de abril, tivemos a sorpresa de recibir no cole a visita do pontevedrés Jorge Costas, un xenio da animación en 3D.
No anterior trimestre traballamos arreo o tema do cambio climático. Entre outras actividades traballamos coa curta "Efecto PO2", unha peza audiovisual cuxa animación en 3D foi feita precisamente por Jorge Costas.
Os nenos e nenas de 5º agardaban impacientes coñecelo e facerlle unhas preguntiñas sobre a súa vida e obra, e en concreto sobre a curtametraxe "Efecto PO2", que tanto nos gustou por inspirarse na cidade de Pontevedra e sobre todo pola mensaxe que nos transmite a súa protagonista, unha nena con carácter, iniciativa e concienciada co cambio climático, ao igual que os nenos e nenas de 5º curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario