O mércores temos unha actividade que consiste en realizar un mapa mental sobre as pitas e os galos, aquí tedes algún exemplo por se non vos acordades. Do audioconto de "As pitas baixo a choiva" non imos repartir fragmentos para gravalos; o que ides facer é escoitar a historia do conto e o audioconto do profesorado. Despois, coas vosas palabras, contarédesllo a alguén da familia.
Por outra banda, xa ten tradición no noso cole o Certame de poesía das Letras Galegas, este ano é o XXVIII e non imos renunciar a continuar, aínda que debamos adaptar as circunstancias, verdade? A idea é que participedes en colaboración coas familias. Coma todos os anos, haberá un diploma para os mellores.
Aquí vos deixamos as solucións do calendario matemático. Continuade co desta semana (ao final da mesma volveremos a deixar as solucións). https://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2020/04/CALENDARIO_MATEM%C3%81TICO_-CUARTO_2020.pdf
O tema desta semana é do grupo de rock Dakidarría e titúlase "TERRA". Deixamos a versión karaoke para que poidades ver a letra e cantar. Mirade que mensaxe máis bonita nos manda: "Camiñar e facer camiño, escoitar, aprender e compartir".
Recordade visitar os blogs das especialidades: Inglés, Música e Educación Física.
No hay comentarios:
Publicar un comentario