A proposta de nova actividade en colaboración alumnado/familia ten que ver coas saídas á rúa tralo confinamento. A idea é que contedes mediante un debuxo, cómic ou calquera expresión plástica os vosos sentimentos e emocións nesta situación de nova normalidade.
O tema desta
semana converteuse nun himno hai 20 anos. Estes días, unha nova versión
de “Color esperanza”, na que colaboran moitos artistas, transmítenos unha
alentadora mensaxe. Hoxe comeza a fase 2 en Galicia e xa queda menos para abrazarnos. Moito ánimo!
LUNS
|
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
|
Calendario matemático
Análise morfolóxica: "Los seres humanos tenemos cinco sentidos."
|
Calendario matemático
Actividade 1: División por 2 cifras |
Calendario matemático
|
Calendario matemático
|
Calendario matemático
|
Ler algunha páxina de consulta
e ver algún vídeo.
Pensar como ides facer a nosa “caixa
dos sentidos”.
|
Ler algunha páxina de consulta
e ver algún vídeo.
Empezar a deseñar a caixa: como
a ides decorar, como a ides organizar,
que obxectos ides meter…
|
Ler algunha páxina de consulta
e ver algún vídeo.
Empezar a facer a caixa dos
sentidos
|
Actividade 2: O olfacto dos
animais
(Ver abaixo)
Facer algún dos experimentos
propostos e realizar foto ou vídeo.
|
Rematar a caixa dos sentidos e
enviar foto.
|
INGLÉS: Visitade o blog, tedes aí as actividades e uns vídeos moi chulos de Uxía A. e Olivia. Para
mandar actividades de inglés mourenteenglish@gmail.com
|
||||
MÚSICA: Lola déixavos estas
dúas propostas musicais "Mamá cabra" e "A horta de Balbina" para que vos animedes a montar unha sinxela coreografía para a
parte do retrouso dunha delas. Para mandar actividades de música musicavilaverde@gmail.com
|
||||
EDUCACIÓN FÍSICA: A profe
propón que fagades un xogo moi divertido para coñecer máis sobre os sentidos
e 4 xogos para que comprobedes como andades de vista, tacto, oído e olfacto.
Animádevos a facelos e enviade algunha foto. Para mandar actividades infanvila@gmail.com
|
||||
RELIXIÓN/VALORES: Proposta. Para mandar actividades de relixión
católica relivilaverde@gmail.com
|
- CALENDARIO MATEMÁTICO: Aquí vos deixamos as solucións ao calendario matemático da semana pasada. Continuade, https://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2020/04/CALENDARIO_MATEM%C3%81TICO_-CUARTO_2020.pdf (Ao final da semana enviaremos solucións para que poidades corrixir).
- ANÁLISE MORFOLÓXICA. Analizade as palabras da
oración que está escrita en color vermello, como faciamos na clase. Coñecedes
moitas clases de palabras: artigos, posesivos, verbos, preposicións,
substantivos, numerais… Recordade que se é un nome temos que especificar se é
común/propio, feminino/masculino, singular/plural, concreto/abstracto, individual/colectivo.
Solución
- CAIXA DOS SENTIDOS: Para realizar a caixa dos sentidos tedes que decorar unha caixa calquera (poñede en funcionamento a vosa creatividade) e meter obxectos que estimulen cada un dos sentidos: vista, olfacto, oído, gusto e tacto. Tamén podedes facelo con 5 caixas, unha por cada sentido. Aquí tedes varios exemplos.
-ACTIVIDADE 1: Entra en Repaso Trimestral,
Actividade 1 e elixe dúas contas para facer http://pdi.vicensvives.com/pdi/matematicas4/program/index.html#/qsap?l=550&t=92773
- ACTIVIDADE 2: Os seres humanos non temos un olfacto tan fino como moitos animais. Investigade en internet cales destacan polo seu olfacto e conta algunha curiosidade sobre isto.
- PÁXINAS WEB CONSULTA:
OS SENTIDOS:
O SENTIDO DO GUSTO VAI CAMBIANDO COA IDADE?:
MITOS SOBRE O TEU CORPO DESMONTADOS POLA CIENCIA:
PERDA TEMPORAL DOS SENTIDOS POLO CORONAVIRUS:
- VÍDEOS:
- EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS:
OS
SENTIDOS RECOÑECEN OS ALIMENTOS: OLFACTO, TACTO, GUSTO
TACTO
E PERCEPCIÓN DA TEMPERATURA: http://www.curiosikid.com/view/experim_popup.asp?id=5535&ms=158
No hay comentarios:
Publicar un comentario