Despois destes días de descanso xa estamos de volta. O día 9 de maio
celébrase o aniversario dun día clave para comezar a construír a Unión Europea
(UE). De aí que esta semana nos vaiamos dedicar a coñecer un pouco máis o noso
continente.
Seguimos coa actividade
de colaboración coas familias. Recordade que se trataría de facer un relato
curto con ilustración (máximo un folio), partindo dun anaquiño da obra “Contos
por teléfono” de Rodari.
Recordamos que se queredes envíar
algunha actividade, debedes facelo na dirección de correo: infanvila@gmail.com e non esquezades visitar os
blogs das distintas especialidades: música, inglés, e. física, STEM,
dinamización lingüística... que tedes nun gadget na parte superior esquerda do
noso blog.
Esta semana dedícavos esta versión de "Te regalo" unha cantante que vos gusta moito. Mándavos moitos bicos e promete visita en canto se poida.
Esta semana dedícavos esta versión de "Te regalo" unha cantante que vos gusta moito. Mándavos moitos bicos e promete visita en canto se poida.
MARTES
|
MÉRCORES
|
XOVES
|
VENRES
|
Calendario matemático (días 1, 2, 3)
Análise morfolóxica: A cidadanía unificará Europa.
|
Calendario matemático
(días 4, 5, 6)
|
Calendario matemático
(días 7, 8)
|
Calendario matemático
(días 9, 10)
|
Imos
comezar coa Liña do Tempo: ler as
páxinas de consulta, ver os vídeos e anotar as datas e acontecementos máis
importantes.
|
Elaborar a liña do tempo e situar os
acontecementos anotados (ver instrucións abaixo)
|
Elaborar un “folleto turístico” do país
da UE que elixas.
|
Rematar o folleto, revisar e enviar por
correo, xunto coa liña do tempo
|
-ANÁLISE MORFOLÓXICA. Analizade as palabras da
oración que está escrita en color vermello, como faciamos na clase. Coñecedes
moitas clases de palabras: artigos, posesivos, verbos, preposicións, substantivos...
Recordade que se é un nome temos que especificar se é común/propio, feminino/masculino,
singular/plural, concreto/abstracto, individual/colectivo. Corrección análise morfolóxica.
-ACTIVIDADE: “VIAXANDO POR EUROPA”
Cada 9 de maio Europa celebra a paz e a unidade do
continente. A data corresponde co aniversario da declaración de Schuman pronunciada
en París en 1950, que propoñía a cooperación entre os países europeos para
evitar un novo conflito bélico entre eles, tralo desastre ocasionado pola II
Guerra Mundial. Esta proposta de Schuman considérase o comezo do que é hoxe a
Unión Europea.
Esta semana polo tanto celébrase o aniversario
deste acontecemento. Por iso imos traballar sobre este tema. Aquí vos deixamos
información para consultar e realizar unha liña do tempo cos acontecementos
máis importantes desde a súa orixe ata a
actualidade e un folleto turístico do país que elixades.
PÁXINAS WEB CONSULTA:
-Europa en poucas palabras: https://drive.google.com/file/d/1VObueXn7bZqu4PyaMe5RLLrMf3xgZM-_/view?usp=sharing
-Línea cronolóxica (Navegar no tempo): https://europa.eu/learning-corner/eu-timeline/overview_es
VÍDEOS:
A Unión Europea
(UE): https://www.youtube.com/watch?v=XVChFh-7wrs
Creación da UE: https://www.youtube.com/watch?v=rgitH89_yw8
XOGOS:
-Vamos explorar
Europa https://europa.eu/learning-corner/lets-explore-europe_es
(Podemos xogar sós ou coa familia)
-Encontrar bandeiras
https://europa.eu/learning-corner/match-the-flags_e
-Encontrar
lugares interesantes https://europa.eu/learning-corner/learning-materials_es
-Turistas virtuais http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/Recursos%20Infinity/aplicaciones/18_primaria_turistasvirtuales/index.html
-Comecocos https://op.europa.eu/es/publication-detail/-/publication/93862d6e-436a-11ea-b81b-01aa75ed71a1
LIÑA DO TEMPO DA UE:
Para elaborar a Liña do Tempo (en papel, word, power point, ou calquera programa axeitado), seguiremos os
seguintes pasos:
1. Visita as páxinas de consulta e os vídeos.
2. Identifica os acontecementos e as datas máis
importantes e anótaos.
3. Elabora a liña do tempo, respectando a
proporción matemática na representación gráfica. Por exemplo, 1 cm equivale a 5
anos.
4. Coloca as frechas nas datas que corresponda e,
despois, os datos de maneira moi resumida (fíxate no vídeo “Creación da UE)
6. Tamén podes agregar imaxes para complementar.
FOLLETO TURÍSTICO:
Escolle un país da UE y elabora un folleto
turístico (en papel, word, power point...) que debe conter texto e imaxes (tedes moitos exemplos en internet):
1. Información xeral: Capital, idiomas, nº
habitantes, hora oficial, moeda.
2. Que ver, que facer?: Monumentos, edificios
destacados, museos, parques e xardíns…
3. Como chegar?: Medios de transporte que podo
utilizar para chegar a ese país
4. Compras: Produtos típicos
5. Comidas: Pratos típicos e bebidas típicas.
6. Visitas e excursións: Propón actividades para
unha xornada (2 ou 3 visitas ou excursións). Pon prezo a cada unha (en € e
cts.). Elabora unha oferta para unha familia como a túa. Ten en conta que o
prezo das entradas para menores de idade é a metade do prezo das entradas das
persoas adultas.
-CALENDARIO MATEMÁTICO: calendario matemático do mes de maio, https://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2020/04/CALENDARIO_MATEM%C3%81TICO_-CUARTO_2020.pdf (Ao final da semana enviaremos
solucións para que poidades corrixir).
-INGLÉS:
Visitade o blog
-MÚSICA: Escoitade o himno da UE e investigade quen é o autor.
Coñecedes este outro himno que se utiliza para o festival de Erovisión?
Visitade o blog. Hai unha actividade de Regueifas, está destinada a 5º e 6º, pero pensamos que sodes musicalmente moi creativos e poderiades participar tamén.
-EDUCACIÓN FÍSICA: Visitade o blog
-RELIXIÓN/VALORES: Proposta
No hay comentarios:
Publicar un comentario