20/4/20

CREATIVIDADE NA CORENTENA

Esta entrada está dedicada a vosa creatividade. Imos empezar por algo de moda. Aquí tedes unha capa deseñada e feita por Adela. Parabéns por este traballo!!!!


Non che puido quedar máis bonita!

Adela, en plena faena, facendo unha mascarilla para a súa nai. Moi ben...estamos contigo!!!

Outra nena moi creativa, Daniela Cal, quérenos deixar un conto feito por ela titulado "Luchamos por el virus" onde se mesturan realidade e ficción, non deixedes de lelo. Parabéns Daniela!!!

Hoxe, trala visita virtual ao Museo do Prado, Daniela Fernández fixo a súa versión do cadro "El jardín del artista en Giverny" (Monet). Bo traballo!!!

A continuación, Alba déixanos unha historia que non vos podedes perder "La máquina del tiempo". Parabéns Alba!!! Está xenial.

Aquí tendes a interpretación do cadro "Las meninas" ( Velázquez) feita por Ares Lema. Quedoulle xenial.

Mateo tamén fixo a súa versión de "Las meninas". Parabéns!

Adrián Juncal animouse coas carreiras de vermes 😄

Ainara fixo unha competición coa familia 😂


Antía tamén se animou a xogar cos vermes 😄😄😄

Ana Amoedo xogando ás carreiras de vermes coa súa familia.


Iris amósanos como funciona a súa lámpada de lava.

Laura utilizou material de refugallo para elaborar as súas creacións, parabéns!







Mateo tamén, mirade que florero máis chulo



Adrián Juncal quere compartir con nós un relato que escribiu coa súa mamá. Noraboa!!!



Daniela fixo estes precioso bonecos con tapós e material reciclado. Parabéns!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario