3/4/20

FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!!!


Hoxe comezan as vacacións de Semana Santa que rematan o 13 de abril (incluído). Estes días non ides ter propostas de traballo. Podedes ler, escribir (contos, poemas, cartas, diario...), pintar, cociñar, cantar, bailar, xogar, descansar...o que vos apeteza. Pero se algún día vos aburrides moito, aquí vos deixamos unhas actividades divertidas... e unha canción. Gozade das vacacións!!! Moito ánimo!!! Biquiños e apertas!!!!!

Ah!!! Esquecíame de dicirvos que podedes participar no chat do blog que está a dereita no cadro "CONVERSA".


- CIRQUE DE SOLEIL. Hoxe, venres 3 de abril,ás 21:00 horas podedes ver un especial do Circo do Sol.

- CARLOS JEAN en "Kids in da house", en Mitele, sábado 4 de abril, ás 13:00 horas, en directo.

- Este sábado, 4 de abril, podedes ver en directo Uxía Lambona e a Banda Molona.

- FLORES x PLÁSTICOS. Aquí podedes ver como se fan plantas con botellas de plástico. É unha proposta para encher Pontevedra de flores e eliminar plásticos á vez que se fan manualidades. Tede coidado ao recortar, mellor que vos axuden.

- BONECOS CON CALCETÍNS. Podedes ver diferentes vídeos en internet sobre como facer bonecos con calcetíns.

-SHACKTIVIDADES. Nesta páxina podedes descargas xogos, actividades e propostas moi interesantes.

- ALGO DE CIENCIA. Neste enlace tedes un amplo abanico de recuros online do CSIC (talleres, exposicións, experimentos, etc.) para que vos acheguedes e gocedes da ciencia.

- CIENCIA NA CASA. A AECC tamén nos quere achegar nestes días á ciencia con talleres sinxelos e con materiais que todos temos na casa. Cada xoves, ás 17 h nos canais da AECC de instagram e facebook comparten estes experimentos con nós. O primerio, unha extracción de ADN!, o segundo foi un taller de Luminis-ciencia. Estes xa os podedes ver en facebook e instagram.


No hay comentarios:

Publicar un comentario