14/4/20

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!



Si, estamos de volta. Que tal a semana? Podedes compartir connosco algunha foto, debuxo, experiencia... destes días. Tamén escribir no noso chat, o que prefirades. As profes estamos desexando saber de vós. Animádevos!!!

Deixámosvos tamén o enlace ao calendario matemático do mes de abril, que podedes ir facendo  https://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2020/03/CALENDARIO-CA%CC%81LCULO-CUARTO-ABRIL-2020.pdf (Cando remate esta semana enviaremos solucións ata ese día para que poidades corrixir).


Neste enlace podedes atopar respostas a algunhas das preguntas que vos facedes neste tempo de confinamento, actividades para pensar, para expresar como vos sentides... 
https://drive.google.com/file/d/14k3eYjuah2LfuVRf8yzop4ViLRr_Oe0U/view

Podedes converter un espazo da casa nun estudo de radio, fabricar os instrumentos necesarios (micros, autofalantes, auriculares...) e traballar a expresión oral. Premede aquí e veredes.

Se queredes coñecer cuestións interesantes sobre a ciencia e facer experimentos podedes ver "Aquelando" (CRTVG).

Deixámosvos este enlace para facer debuxos de animais chulísimos utilizando as mans. Está xenial!!! https://www.facebook.com/toufik.benbouchta/videos/3093317914012804

Recordade entrar nos blogues de Música, Inglés, Educación Física... onde atopareces actividades.

Por outra banda, presentamos unha nova actividade conxunta de centro relacionada coas celebracións deste mes de abril, concretamente co día do Libro (23 de abril). A idea é que sexa unha proposta sinxela e divertida, sen agobios e en colaboración que levaría por título "Familias lectoras". 
O resultado podédelo remitir ao correo infanvila@gmail.com para subir ao blog como vídeo, presentación, carteis ou o queirades. Aquí tedes o detalle da proposta.



No hay comentarios:

Publicar un comentario